RAÚL ALLÉN
RAÚL ALLÉN
Biografía
Raúl Allén (Valladolid, 1979) licénciase en Belas Artes en Salamanca antes de marchar estudar ilustración e deseño en Boston, e comezar unha carreira que lle permitiu colaborar en revistas como Time, Playboy, Rolling Stone, New York Times ou Billboard; traballar para empresas publicitarias como Adidas ou Sra Rushmore; e que a súa obra sexa exposta pola Sociedade de Ilustradores de Nova York, 3×3 Magazine of Contemporary Illustration, Illustration West, Expocomic, Arte Nova da Junta de Castilla y León, entre outras.
No ano 2006 colabora con David Aja nos fondos do inmortal Iron Fist. Un traballo puntual que cinco anos despois dá pé a unha nova colaboración en Secret Avengers con guión de Warren Ellis e a un cambio na súa carreira. Mentres continúa traballando como ilustrador para editoriais como Folio Society, Penguin, Anaya, Siruela, El País o Juventud. en 2011 empeza a realizar cubertas e algunha que outra colaboración puntual para diversas editoriais de cómic norteamericanas.
En 2014 traballa para a editorial Valiant en calidade de debuxante completo. Valiant ten unha política editorial moi centrada nos autores e sempre busca telos contentos, polo que lle permiten entintar o seu propio traballo aínda que iso poida supoñer unha redución no seu ritmo de produción. Raúl aproveita a circunstancia para entregar traballos cada vez máis persoais desde un punto de vista narrativo e visual. A súa colaboración con Patricia Martín nestes traballos é determinante; o labor que fan en equipo, tanto no debuxo de fondos como na cor e a narración, permítelle ser innovador e sorprendente en cada obra, conseguindo ser nomeados varias veces aos premios Harvey.
Os traballos que fan para a editorial sucédense: Rai Plus Edition, Ninjak, Harbinger Wars, La ira de Eternal Warrior, Britannia, Livewire… Ademais de portadas alternativas para outras editoriais e un par de números de Wonder Woman.
En 2019, chámanlles de Abrams Books para ocuparse dunha obra importante: a adaptación a historieta da novela Dune de Frank Herbert. Serán tres libros de 160 páxinas a partir dun guión de Brian Herbert e Kevin J. Anderson. O ano pasado viu a luz a primeira entrega, a segunda está prevista para o ano 2022.