Como xa vos comentamos nas últimas semanas, outra tradición de Viñetas desde o Atlántico tamén estará presente na edición 2015, que se celebrará entre o 10 e o 16 de Agosto. Trátase das sesións de firmas protagonizadas polos autores convidados pola organización.

Este ano, a diferenza das pasadas entregas do Festival Internacional da Historieta da Coruña, as sesións de firmas celebraranse no Palacio de Exposicións e Congresos- PALEXCO. Aínda que o seguiremos a recordar nos próximos días e segundo se vaia achegando a data, trátase dunha diferenza respecto dos pasados anos, nos que estas sesións celebrábanse no Kiosko Alfonso.

Ana Miralles, Ana Oncina, Alfonso Zapico, Chloé Cruchaudet, Joaquín López Cruces, Keko, Martín Romero e Moderna de Pueblo asinarán exemplares da súa obra en PALEXCO o venres 14 de Agosto de 18:00 a 20:00 horas e o sábado 15 de Agosto de 12:00 a 13:30 horas.

Pola súa banda, Mai Egurza asinará exemplares das súas obras en PALEXCO o mércores 12 de Agosto a partir das 18:00 horas

Os autores asinarán e debuxarán únicamente en exemplares das súas obras, a non ser que o autor  indique o contrario. O público asistente deberá formar unha fila ordenada á entrada de PALEXCO. Á hora indicada, abriranse as portas do recinto, no que estarán indicados os lugares nos que se realizarán as firmas. O público interesado deberá formar unha fila ordenada en cada posición. Trátanse dunhas normas básicas que teñen como único obxectivo evitar malentendidos e que todo o mundo que o desexe poida levarse un recordo do seu autor favorito.

Para evitar calquera dúbida sobre o horario no que asinará cada autor en concreto, indicamos cada sesión e o seu horario nas fichas dos invitados, dentro da sección “Convidados”.