Continuamos desvelando máis nomes da lista de conviados especiais da edición 2015 do Festival Internacional da Historieta da Coruña. Estes artistas estarán presentes en Viñetas 2015 da man de editoriais e librerías.

Hoxe podemos anunciar que Victor Rivas (Guinsy, Little Rede Ridding Hood) presentará Abastos 2.0 na Rúa da BD grazas á editorial 3 pintamonas, no stand da Librería Banda Deseñada. Durante eses días tamén visitará o stand de Libraría Paz. Próximamente confirmarémosvos o horario destas sesións, nas que o autorasinará exemplares da súa obra.

Abastos é a gran aposta da nova editorial 3 pintamonas. Nace, segundo podemos ler na súa web, “froito da colaboración dun puñado de persoas ilusionadas”. O primeiro capítulo desta novela gráfica podedes lelo de forma gratuita en leste enlace, tanto en castelán como en galego.

Recordamos que os invitados non oficiais tamén enriquecen coa súa presenza o festival, participando en sesións de firmas e outras actividades desenvolvidas na Rúa da BD e organizadas polas editoriais ou librerías que os invitan. Estes invitados non participarán no programa oficial e polo tanto non terán exposición nin conferencia.

VICTOR RIVAS