O vindeiro luns 10 de Agosto dará comezo a edición 2015 de Viñetas desde o Atlántico. A Coruña converterase, ata o próximo 16 de Agosto, na capital internacional do cómic. Durante eses días teredes toda a información sobre o Festival nesta web, pero tamén queremos recordarvos que estaremos moi activos nas redes sociais.

En Facebook teredes recordatorios puntuales de toda a actividade diaria de Viñetas 2015, con enlaces á web e avisos sobre posibles modificacións de horario nas actividades oficiais e non oficiais, sempre que sexa posible.

En Twitter tamén teredes recordatorios puntuales de toda a actividade diaria de Viñetas 2015, con enlaces á web e avisos sobre posibles modificacións de horarios nas actividades oficiais e non oficiais. Pero ademais, informarémosvos a través de imaxes dos eventos destacados de cada día, ao comezo e final de cada acto.

Ademais, a partir do martes estrearemos na web a sección “Diario Viñetas 2015”, que resumirá a actividade de Viñetas 2015 nunha publicación, para que non vos perdades nin un detalle do Festival Internacional da Historieta da Coruña.