O Salón Internacional do Cómic da Coruña chega a súa vinte e tres edición

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2020 ABRE AS PORTAS O LUNS PARA ACHEGARNOS A VARIADA REALIDADE DO CÓMIC INFANTIL E XUVENIL TANTO NACIONAL COMA INTERNACIONAL

A sede central do festival, o Kiosco Alfonso, mostrarán a obra de Alessandro  Barbucci, Enrique Vegas,  Pau e  Xulia Vicente 

Palexco vaise encher dunha variadísima colección de orixinais de diversos autores, seleccionados polas principais editoriais de banda deseñada infantil e xuvenil, Brúfalo Lector/Cúpula, Astronave/Norma, Astiberri , Mamut/Bang e Nuevo Nueve.  

A Sala de Exposicións do Palacio de María Pita conterá os orixinais da novela gráfica “MIES” o  biopic que Agustín Ferrer Casas publicou sobre o arquitecto Mies van  der  Rohe, último director da Bauhaus, a escola berce da arquitectura moderna 

A carpa de actividades acollerá unha mostra dos orixinais que ao longo de varios números veñen dando corpo ao fanzine que publica Amnistía Internacional sobre ás violacións que sofren os Dereitos Humanos no mundo e a súa obrigada defensa.  

O cartel anunciador deste XXIII Viñetas leva a rúbrica do mexicano Tony  Saldoval, convidado o salón do pasado ano. 

A Coruña, 14 de agosto de 2020

Con máscaras, distancia de seguridade e todas as medidas que as autoridades sanitarias impoñen na loita contra o impacto que o coroavirus está a ter no mundo enteiro, o luns,Viñetas desde o Atlántico abrirá ás súas portas.

Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico centrarase nesta ocasión no espazo temporal no que se sementa a afección á banda deseñada, o cómic infantil e xuvenil. Para iso, son varias as editoriais que nos achegan orixinais dos seus principais creadores. Brúfalo Lector/ La Cúpula exporá a obra de Katie O’Neill, Astronave/Norma mostra pezas de Bonache, Ricardo Peregrina, David Ramírez e láminas de La Guerra de Catherine de Julia Billet e Claire Fauvel. Pola súa banda, Astiberri achegaranos ao talento creativo de Ana Miralles e Emilio Ruiz, Lorena Álvarez, e Adrien Albert, mentres que Mamut/Bang colgará orixinais de Babita, de Natalia Colombo, Astroratón, de Fermín Solís, deSuperpatata, de Artur Laperla, e de Marcopola de Jacobo Fernández. Por último, a editorial Nuevo Nueve vainos permitir mergullarnos na obra Shaker Monster de Mathilde Domecq e Mr. Tan, ao tempo que fará ás delicias dos cativos cunha mostra colectiva de Marsupilami. 

Pola súa banda. o Kiosco Alfonso cederá gustosamente as súas paredes a catro debuxantes de peso. O primeiro deles, o xenovés  Alessandro Barbucci, creador das series mundialmente coñecidas Sky Dolls  W.I. T. C. H (protagonizada por cinco rapazas adolescentes con poderes) ambas en tándem coa guionista Bárbara  Canepa. Tamén no corazón expositivo de Viñetas colgarán os orixinais de Enrique Vegas, o historietista segoviano famoso polas súas versións paródicas de películas e cómics de éxito,  Spider-Man,  Hulk, X-Men,  Hellboy, Piratas del Caribe,  Star  Wars…cuxos protagonistas son aquí gordechos e cabezóns.

Completan a oferta do Kiosco Alfonso o mallorquino  Pau e a coruñesa  Xulia VicentePau é un recoñecido creador, autor de Las vacas chechenas, con historietas e portadas sucesivas publicadas en revistas como a belga  Spirou ou a española Nosotros somos los muertos. O seu salto internacional chega coa saga de Atlas & Axis e  Ze  Jacky  Touch.

Xulia Vicente, que acaba de sorprender co seu último traballo, no que por encargo do Consello  Galego de Cultura levou á linguaxe da banda deseñada a historia de amor e liberdade de Elisa e Marcela, ten xa unha traxectoria asentada. É a autora da novela gráfica Anna  Dédalus: el misterio de la mansión quemada, xunto a Miguel Angel  Giner e Nuria  Tamarit, coa que tamén asinou o cómic Duerme pueblo. Esta creadora coruñesa colaborou coa revista  Jot Down,  Arrós  NegreLis en  Fleur ou  Meinstrim e é cofundadora do  fanzine  Sapoconcho.

A Sala de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita acollerá os orixinais da novela gráfica MIES  biopic publicado por Agustín Ferrer Casas sobre o arquitecto Mies van der Rohe, o derradeiro director da Escola Bauhaus, berce da arquitectura moderna, que o pasado ano cumpliu cen anos de existencia.

Este ano ademáis, a carpa de presentacións que se instala diante do Kiosco será tamen espazo expositivo. As súas paredes acollerán a mostra dos orixinais que compoñen o fanzine que Amnistía Internacional ven publicando os últimos anos coa Defensa dos Dereitos Humanos coma fio argumental. Nel participan un bo número de creadores que altruistamente ceden á organización a súa particular visión das violacións que sofren en distintas partes do mundo os Dereitos Humanos e a defensa que particulares, organizacións e movementos fan deles.  

Igual ca en anteriores edicións, a Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga, acollerá os últimos premios Castelao de Banda Deseñada da  Deputación da Coruña, coa mostra dos orixinais das obras de Alberto Vázquez e Martín Romero, gañadores da edición  XIV do certame nas súas correspondentes convocatorias xeral e infantil-xuvenil. Alberto Vázquez, dono de tres Premios Goya por obras como  Birdboy,  Psiconautas ou Decorado, é un dos autores máis recoñecidos no panorama galego. O Premio Castelao foille outorgado pola obra A Caza, na que o xurado destacou o “sólido grafismo utilizado, coa técnica do  sumi-e e tinta chinesa, ademais do debuxo expresivo co que xera unha unidade narrativa e un mundo propio e persoal”. O ilustrador Martín Romero fíxose co Castelao infantil e xuvenil con  Uxio, que explota “as posibilidades narrativas do medio e fai un acertado uso humorístico da filosofía da vida cotiá”.

O fanzine sobre Dereitos Humanos que ven publicando Amnistía Internacional nos últimos anos terá tamén protagonismo no Viñetas 2020. A carpa de actividades e presentacións será este ano un espazo expositivo máis do festival. Nas súas paredes penderán os orixinais que ao longo dos últimos anos veñen cedendo varios creadores á ong, nos que plasman a súa visión particular sobre as violacións dos Dereitos Humanos que, desgrazadamente, sucédense no mundo enteiro, e tamén das historias de superación e de defensa deles.

A Torre de Hércules será, un ano máis, outra das singulares salas de exposición de Viñetas. Alí, como nun xogo de espellos, poderase facer un percorrido polos carteis da historia de Viñetas desde o Atlántico: lembremos que a única condición que se lle impón aos autores convidados á hora de deseñar o cartel é que na súa proposta figure o faro. Vinte e tres xoias en gran formato rubricadas por algúns dos debuxantes máis reputados do panorama nacional e internacional. A última, o cartel anunciador do presente Salón, é obra do mexicano Tony Sandoval, convidado do Viñetas desde o Atlántico no 2019.

Sempre que a evolución da pandemia así o permita e respetando todas as medidas ditadas polas autoridades sanitarias, na semana grande deViñetas desde o Atlántico 2020 (do luns 17 ao 23 de agosto) o festival será espazo de presentacións editoriais. Asemade, programaranse charlas cos autores invitados e a Rúa dá  BD ofrecerá as últimas novidades publicadas. Igual ca sempre, tamén, o fiel exército de personaxes de cómic de todos os tempos xa tomou a cidade. Nesta ocasión e por seguridade pandémica, moitos deles decidiron mergullarse no estanque do Kiosco Alfonso para non tentar ao público a arrechegarse a eles.

Logo de rematar a vertixe comiqueira que vivirá a cidade esta semana, as exposicións continuarán abertas ao público ata o 13 de setembro.