O  XXIII Salón Internacional do Cómic da Coruña abrirá as súas portas do 17 ao 23 de agosto

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2020 VOLVE A MIRADA CARA AO CÓMIC INFANTIL E XUVENIL, A ORIXE NA QUE PRENDE SOLIDAMENTE A AFECCIÓN POLA BANDA DESEÑADA

As paredes do Kiosco Alfonso mostrarán a obra de  Alessandro  Barbucci, Enrique Vegas,  Pau e  Xulia Vicente.

Este ano Palexco vaise encher dunha variadísima colección de orixinais de diversos autores, seleccionados por catro das principais editoriais de banda deseñada infantil e xuvenil, Cúpula,  Astronave, Astiberri e  Mamut.

Sen querer deixar pasar por alto o centenario da  Bauhaus (2019), a Sala de Exposicións do Palacio Municipal de María Pita conterá os orixinais da novela gráfica “MIES” o  biopic que Agustín Ferrer Casas publicou sobre o arquitecto Mies van  der  Rohe, último director desa escola berce da arquitectura moderna.

O cartel anunciador deste XXIII Viñetas leva a rúbrica do  mexicano Tony  Saldoval, convidado o salón do pasado ano, quen nos fixo gozar das súas obras El cadáver y el Sofá, Epidemia de Melancolía ou La serpiente de agua.

A Coruña,  7 de agosto de 2020

Os personaxes enmascarados transitan decote polo mundo do cómic infantil e xuvenil. As ameazas globais e os inimigos invisibles son carne ben frecuente de guión. Así que, tal e como explica o seu director, Miguelanxo Prado, non parecía moi lóxico que a pandemia do coroavirus obrigase aos miles de afeccionados a renunciar a Viñetas desde o Atlántico, o Salón Internacional coruñés que este agosto alcanza a súa edición número vinte e tres. Con todas as medidas necesarias, tanto sanitarias como sociais, e adaptando esta proposta cultural do Concello da Coruña á excepcional situación en que se atopa o mundo enteiro, Viñetas desde o Atlántico abrirá as súas portas o luns 17 de agosto.

Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico centrarase nesta ocasión no espazo temporal no que se sementa a afección á banda deseñada, o cómic infantil e xuvenil. Para iso, catro das principais editoriais dedicadas a ese segmento, Cúpula, Astronave, Astiberri e  Mamut, encherán de orixinais dos seus principais creadores a sala de exposicións de Palexco. Cúpula, por exemplo, achegará aos afeccionados que visiten Viñetas a obra de  Katie O’Neil, a ilustradora  neocelandesa autora de Érase una vez dos princesasBahía  AcuicornioLa Sociedad de los  Dragones de Té (galardoada con dous premios Eisner) e da súa segunda entrega El Festival de los  Dragones de Té.

Pola súa banda. o Kiosco Alfonso cederá  gustosamente as súas paredes a catro debuxantes de peso. O primeiro deles, o xenovés  Alessandro  Barbucci, creador das series mundialmente coñecidas Sky Dolls  W.I. T. C. H (protagonizada por cinco rapazas adolescentes con poderes) ambas en tándem coa guionista Bárbara  Canepa. Tamén no corazón expositivo de Viñetas colgarán os orixinais de Enrique Vegas, o  historietista segoviano famoso polas súas versións paródicas de películas e cómics de éxito,  Spider-Man,  Hulk, X-Men,  Hellboy, Piratas del Caribe,  Star  Wars…cuxos protagonistas son aquí gordechos e cabezóns.

Completan a oferta do Kiosco Alfonso o mallorquino  Pau e a coruñesa  Xulia VicentePau é un recoñecido creador, autor de Las vacas chechenas, con historietas e portadas sucesivas publicadas en revistas como a belga  Spirou ou a española Nosotros somos los muertos. O seu salto internacional chega coa saga de Atlas & Axis e  Ze  Jacky  Touch.

Xulia Vicente, que acaba de sorprender co seu último traballo, no que por encargo do  Consello  Galego de Cultura levou á linguaxe da banda deseñada a historia de amor e liberdade de Elisa e Marcela, ten xa unha traxectoria asentada. É a autora da novela gráfica Anna  Dédalus: el misterio de la mansión quemada, xunto a Miguel Angel  Giner e Nuria  Tamarit, coa que tamén asinou o cómic Duerme pueblo. Esta creadora coruñesa colaborou coa revista  Jot Down,  Arrós  NegreLis en  Fleur ou  Meinstrim e é cofundadora do  fanzine  Sapoconcho.

A Sala de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita acollerá os orixinais da novela gráfica MIES  biopic publicado por Agustín Ferrer Casas sobre o arquitecto Mies van der Rohe, o derradeiro director da Escola Bauhaus, berce da arquitectura moderna, que o pasado ano cumpliu cen anos de existencia.

Igual ca en anteriores edicións, a Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga, acollerá os últimos premios Castelao de Banda  Deseñada da  Deputación da Coruña, coa mostra dos orixinais das obras de Alberto Vázquez e Martín Romero, gañadores da edición  XIV do certame nas súas correspondentes convocatorias xeral e infantil-xuvenil. Alberto Vázquez, dono de tres Premios Goya por obras como  Birdboy,  Psiconautas ou Decorado, é un dos autores máis recoñecidos no panorama galego. O Premio Castelao foille outorgado pola obra A Caza, na que o xurado destacou o “sólido  grafismo utilizado, coa técnica do  sumi-e e tinta chinesa, ademais do debuxo expresivo co que xera unha unidade narrativa e un mundo propio e persoal”. O ilustrador Martín Romero fíxose co Castelao infantil e xuvenil con  Uxio, que explota “as posibilidades narrativas do medio e fai un acertado uso humorístico da filosofía da vida cotiá”.

A Torre de Hércules será, un ano máis, outra das singulares salas de exposición de Viñetas. Alí, como nun xogo de espellos, poderase facer un percorrido polos carteis da historia de Viñetas desde o Atlántico: lembremos que a única condición que se lle impón aos autores convidados á hora de deseñar o cartel é que na súa proposta figure o faro. Vinte e tres xoias en gran formato rubricadas por algúns dos debuxantes máis reputados do panorama nacional e internacional. A última, o cartel anunciador do presente Salón, é obra do mexicano Tony Sandoval, convidado do Viñetas desde o Atlántico no 2019.

Viñetas desde o Atlántico 2020 será tamén espazo de presentacións editoriais, como é o caso do  fanzine de Amnistía Internacional sobre Dereitos Humanos. Igual ca sempre, o exército de personaxes de cómic de todos os tempos tomará as rúas da cidade, programaranse charlas cos autores invitados e a Rúa dá  BD ofrecerá as últimas novidades publicadas… Sempre, tal e como sinalan desde a organización, baixo as condicións que impoña asegurar a protección social e sanitaria fronte ao coroavirus. Logo de rematar a vertixe comiqueira que vivirá a cidade entre o 17 e o 23 de agosto, as exposicións continuarán outro mes abertas ao público.