marcador_mapa

ANA MIRALLES (MADRID, 1959)

Ana Miralles é un dos nomes imprescindibles do cómic español das últimas tres décadas e tamén unha autora consagrada no mercado europeo. A debuxante madrileña comezou a súa andaina profesional a principios dos oitenta na revista Rambla, en pleno apoxeo do cómic para adultos en España dominado por firmas masculinas, e posteriormente noutras publicacións como Madriz, Cairo, Marca Acme e Vogue. O seu primeiro álbum, “El brillo de una mirada”, con guión de Emilio Ruiz, publicouse en 1990, unha obra de corte erótico e intimista. De novo en colaboración con Emilio Ruiz, realizou a adaptación dunha novela de Juan Eslava Galán, “En busca del unicornio”, (premio Planeta 1987), cómic galardoado co premio do Diario de Avisos, en 1998, ao mellor guión.

A triloxía de corte fantástico “Eva Medusa”, con guión de Antonio Segura, triunfou no mercado francés e supuxo o seu recoñecemento internacional. Con ela obtivo o Premio Haxtur 1993 á mellor historia longa. Tamén para o mercado francés realiza a serie “Djinn”, guionizada polo belga Jean Dufaux, que dende 2001 invita aos lectores a visitar un mundo onde o mítico, o erótico e o exótico se dan a man.

Entre os seus traballos máis recentes está “De mano en mano”, con guión de Emilio Ruiz, onde narra as peripecias dun billete de 20 euros que pasa por varios donos e que serve de escenario para presentar un retrato da sociedade actual. En 2011, e de novo xunto a Emilio Ruiz, asina o libro infantil “Wáluk”, unha fábula ecoloxista sobre un oso polar e a serie “Muraqqa”, sobre a vida dunha ilustradora hindú na corte do imperio mongol do século XVII. En 2009 recibiu o Premio do Salón de Barcelona á toda a súa carreira, en recoñecemento á su larga traxectoria no mundo del cómic. Tamén ten sido deseñadora de vestuarios y fondos escenográficos para teatro y cine.

ANA ONCINA (ELDA, 1989)

Ana Oncina estudou Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia, onde se especializou en animación, gravado calcográficoe ilustración. En marzo de 2014 saíu á venda o seu primeiro cómic, “Croqueta e Empanadilla”, baseado en experiencias persoais coa súa parella. A proposta converteuse nun éxito de vendas fulgurante e foi galardoada no Salón Internacional do Cómic de Barcelona co Premio popular á mellor obra publicada o pasado ano. “Es un cómic sobre situciones típicas de pareja, representado por una croqueta y una empanadilla; me basé principalmente en mis propias experiencias con mi novio, en situaciones que consideraba que eran comunes en muchas parejas o en cosas graciosas que nos fueron pasando” explica a autora nunha entrevista televisiva.

Grazas á capacidade de xerar unha empatía inmediata cos lectores, que se senten identificados coas anécdotas derivadas da convivencia, a peculiar parella xa protagonizou outros do libros: “Una navidad con Croqueta e Empanadilla” e “Croqueta y Empanadilla 2”. Ana Oncina colabora en medios como a revista dixital Selfie, desenvolve encargos como freelance nos campos do deseño e a ilustración, e participa en iniciativas solidarias como o proxecto “Ilustrando tus sueños”.
ALFONSO ZAPICO (BLIMEA, ASTURIAS,1981)

Este debuxante asturiano é o protagonista dunha carreira fulgurante enchida de éxitos. Alfonso Zapico alzouse no ano 2010 co Premio ao mellor autor revelación no Salón do Cómic de Barcelona con “La guerra del profesor Bertenev”. álbum ambientado a mediados do século XIX durante a Guerra de Crimea, que relata as tribulacións dun intelectual enviado á fronte por prácticas subversivas contra o poder establecido. Foi unha prometedora estrea publicada, dous anos antes, pola editorial francesa Paquet e galardoado co Premio BD Romanesque del Festival de Cómic de Moulins 2007. Asina tamén “Café Budapest”, que recibiu o Premio Haxtur á mellor obra de 2008 e que aborda o enfrontamento entre palestinos e xudeus, xurdido a raíz da creación do Estado de Israel, tras a II Guerra Mundial.

En 2012 foi Premio Nacional de Cómic por “Dublinés”, biografía do escritor irlandés James Joyce. Unha carreira meteórica, marcada polo compromiso social, histórico e cultural. Uns sinais de identidade que se reafirman na súa obra máis recente, moi esperada por público e crítica “La balada del norte”. Trátase dunha recreación, en dous tomos, da Comuna de Asturias, unha folga mineira na que os obreiros se alzaron contra os patróns en 1934. A idea para esta historia, segundo o propio Zapico, xurdiu a raíz das folgas mineiras de 2013. “Esa revolución de 1934 tuvo mucho de romántica, empezando porque la comuna de Asturias estaba destinada al fracaso; fue la última revolución obrera, el último intento por cambiar la realidad de una forma drástica y brutal” aclara o autor nunha entrevista.

No seu currículo figuran tamén encargos de deseño, ilustración e animacións para axencias de publicidade, editoriais e institucións. Tamén colaborou con diarios rexionais asturianos e desenvolvido unha faceta docente a través da participación en diferentes proxectos educativos e talleres artísticos.

CHLOÉ CRUCHAUDET (LYON, FRANCIA, 1976)

A debuxante francesa é unha das revelacións do cómic francobelga. Cruchaudet abraiou a crítica e o público europeo con “Degenerado”. A obra obtivo o pasado ano 2014 o Premio do público no Salón do Cómic de Angoulema e tamén o ACBD, que outorga a crítica especializada gala. Trátase dunha adaptación da biografía La Garçonne et l’assassin, escrita polos historiadores Danièle Voldman e Fabrice Virgili e que narra a sorprendente historia de Paul Grappe e Louise Landy, unha parella parisiense que casa pouco antes da Primeira Guerra Mundial. Paul é chamado a filas, pero decide desertar ante os horrores que vive nas trincheiras. Para fuxir do castigo e a clandestinidade, se traviste de muller e vive durante dez anos co nome de Suzanne Landgard. A historia rematará traxicamente tras un proceso criminal que acaparou gran popularidade e fama no París dos anos vinte.

Chloé Cruchaudet fixo estudos de animación na parisiense escola de imaxe Gobelins e iniciou a continuación a súa carreira profesional no mundo da animación e a ilustración de libros infantís. Os seus primeiros pasos no mundo da historieta dáos a través da súa colaboración no álbum colectivo “Louise Attaque en BD”, debuxando o terceiro tomo da serie “A Fontaine aux fables” e tamén unha biografía da cantante Joséphine Baker. Chloé Cruchaudet publicou en 2008 a historia “Groenlandia – Manhattan”, coa que obtivo o premio René Goscinny. Neste momento traballa en “Ida”, unha historia en tres tomos que narra as vivencias dunha treintañera autoritaria e hipocondríaca na década dos oitenta.

KEKO (JOSÉ ANTONIO GODOY CAZORLA) (MADRID, 1963)

Keko (José Antonio Godoy) é un historietista e ilustrador madrileño que empezou a súa carreira nos anos oitenta en revistas como Madriz e Metal Hurlant. Aínda que se dedicou sobre todo á ilustración, tamén publicou unha serie de historietas curtas con guion propio en “Nosotros Somos los Muertos”, que en 2006 serían recompiladas baixo o título “La casa del muerto”. Estes traballos dentro do mundo da historieta compaxínaos con outros como ilustrador en prensa en suplementos de diarios como El País, El Mundo e ABC e tamén realizando traballos publicitarios e colaborando como ilustrador en diversas publicacións, entre elas Rolling Stone e Revista 40.

O seu álbum “4 botas” obtivo no ano 2002 o Premio á mellor obra no Salón Internacional do Cómic de Barcelona. O pasado ano 2014 asina con Antonio Altarriba (Premio Nacional de Cómic 2010 por El arte de volar) o cómic “Yo, asesino”, unha reflexión sobre a ambigüidade da moral humana en forma de thriller perverso. Con el, Altarriba e Keko convertéronse nos primeiros españois en recibir o Gran Premio ACBD da Crítica en Francia. A obra tamén gañou a terceira edición do Premio ao mellor cómic nacional de 2014, que outorga Zona Cómic. Nos últimos anos a actividade comiquera de Keko revitalízase con títulos como “La protectora” e “Ojos que ven”.

LÓPEZ CRUCES, JOAQUÍN (ALMERÍA, 1957)

López Cruces representa na decimoctava edición de Viñetas desde o Atlántico o cómic de autor. O debuxante andaluz, iniciou a súa traxectoria profesional en revistas como La Granada de papel, Madriz e Cairo. Aínda que o seu traballo se centra fundamentalmente dende finais dos anos oitenta no deseño e a ilustración, obtivo no ano 1991 o Premio ao Autor Revelación do Salón Internacional do Cómic de Barcelona polas recompilacións da súa obra anterior. Continua publicando novas historietas en revistas como Idiota y Diminuto, Dos Veces Breve ou Humo. En 2003 participou na ilustración do libro “Cuentos del Cabo de Gata”, unha colección de 21 relatos ambientados neste espazo xeográfico de Almería.

Dende 1998 traballa como deseñador gráfico na empresa Manigua, pero iso non lle impediu publicar propostas como o caderno de viaxes “Por el camino yo me entretengo”. “Lonxe de casa, cun simple lapis, un rotulador ou un bolígrafo e un caderno ou un anaco de papel, traducir o que vivo ou o que ven os meus ollos se transforma no mellor pasatempo”, sinala o autor nunha entrevista. Outro dos seus últimos traballos foi ilustrar “Pasionaria, una leyenda que se puede tocar”, unha homenaxe a Dores Ibárruri escrita por Felipe Alcaraz.

MAI EGURZA (IRÚN, 1986)

Mai Egurza debutou no cómic cun grande éxito “El Paseo de los Sueños”, unha fábula onírica cuxo guión asina o recoñecido escritor Zidrou. A obra converteuna nunha das revelacións da historieta española. Iniciouse no cómic en 2010 no proxecto “Barcelona TM”, antoloxía de historias curtas ambientada na Cidade Condal, para a que debuxou a historia “Resistance”, sobre unha moza aspirante a escritora. Ilustrou libros como “Mals Temps per a Fantasmes”, de Agustín Fernández Paz, “Mi abuela no se acuerda de mi nombre”, de Rodolfo Esteban, ou “Zizili”, de Unai Elorriaga.

Tamén ilustrou contos infantís como “Oihana Hirian”, de Leire Bilbao, e realizado encargos para a revista Trainning &Developement Digest, e colaboración como a que realizou c na revista O Balanzín, coa guionista Teresa Valero na historia corta “Ver o no ver”. A comezos deste mesmo ano desempeñou tarefas de deseño de personaxes para a película de animación “Nur y el Templo del Dragón”, de Lotura Films. Neste momento está a traballar nun novo álbum no que volverá formar equipo creativo con Zidrou. Benoît Drousie (Zidrou), un dos convidados da pasada edición de Viñetas desde o Atlántico, é un guionista de cómics nacido en Anderlecht (Bélxica) que obtivo un gran número de premios. É un dos referentes do cómic internacional na actualidade.

MARTÍN ROMERO (XIÓN, A CORUÑA, 1981)

Martín Romero é o representante galego no elenco de autores que protagonizan este ano a XVIII edición do Salón do Cómic da Coruña. Trátase dun dos ilustradores máis interesantes da actualidade, cun un poderoso estilo que o distingue a simple vista e que o levou a triunfar en mercados tan esixentes como o francés. Acaba de publicarse en España o seu último traballo, “Episodios lunares”, oito relatos gráficos relacionados coa lúa, os recordos de infancia e os mitos e lendas populares, previamente publicados en diferentes cabeceiras.

Formado nos campos de Deseño Gráfico e a Ilustración en Lugo e Barcelona, Martín revelouse como un historietista prolífico, especialmente activo no campo dos fanzines. Acumulou experiencia en proxectos persoais como Fanzine Enfermo, Argh!, Gagarin, Smile, Bang!, Carne Líquida, Sangue Descafeinado ou Bile Noire. Martín Romero debuxou historietas para TretzeVents e Vice, e ao longo dos anos o seu traballo tanto en ilustración coma en cómic recibiu numerosos recoñecementos, como o premio Injuve 2007 ou a bolsa AlhóndigaBilbao 2010.

Na súa bibliografía destacan tamén novelas gráficas como Las fabulosas crónicas do rato taciturno, realizada co apoio de AlhóndigaBilbao, o Centro de Ocio e Cultura e La Maison deasauteurs de Angoulême, residencia de artistas da Cité internationale da bande dessinée et de l’image. Entre os seus proxectos neste momento destacan a historieta muda “Lost Horizon”, que publicará a editorial canadense Mille Putois; “O Compromiso”, cómic extenso no que se puido embarcar grazas a unha bolsa recibida polo VEGAP en colaboración con Espazo Z; e o webcómic El Manual de las Piedras. Tamén colaborou con revistas como Rolling Stone, Time Out NY, Vaidade ou Cavall Fort, e ilustrou portadas de discos e carteis promocionais para a banda musical The New Raemon.

RAQUEL CÓRCOLES (MODERNA DE PUEBLO) (REUS 1981)

Raquel Córcoles está detrás de Moderna de Pueblo, o seu Alter Ego. Inventou a personaxe para un concurso e non só alzouse co premio senón que nun curto espazo de tempo se converteu nun fenómeno de masas en Internet, con máis de 200.000 seguidores en Facebook. Licenciada en Periodismo e apaixonada da publicidade, en 2010 gañou a bolsa “Connecta’t ao còmic”, grazas á cal puido publicar o seu primeiro cómic: “Soy de Pueblo”, desenvolvido xunto á deseñadora gráfica Marta Rabadán e que serve de presentación ao personaxe. Durante tres anos compaxinou o seu traballo como creativa publicitaria coas tiras de Moderna de Pueblo. Todo un éxito en internet, grazas ao seu fino humor baseado no contraste entre os pobos e as grandes cidades.

Tras un intenso ano publicando en revistas como El Jueves ou Cuore, en 2014 decidiu escribir o seu primeiro cómic en solitario: “Los capullos no regalan flores”, no que relataba as desastrosas citas de Moderna de Pueblo antes de conseguir parella e que foi outro éxito de vendas publicado en múltiples países. Ese mesmo ano, con Carlos Carrero edita “Cooltureta: a novela gráfica”. Ao mesmo tento segue publicando contidos na súa propia web e medios como Cuore, El País e GQ. Tamén coa xornalista Lucía Taboada idea historias para o personaxe La Imperfecta, que se publica mensualmente no suplemento Mujer Hoy.