A banda deseñada portuguesa, «viva, diversa e en crecemento»

Entre o crecemento do mercado, a presenza das mulleres e os novos camiños da edición, os autores portugueses Raquel Costa e Nuno F. Cancelinha e o editor Marcos Farrajota defenden que a BD continúa a ser un territorio de diversidade e liberdade

Raquel Costa (Porto, 1979) e Nuno F. Cancelinha (Trás-os-Montes, 1982) son cofundadores do Little Black Spot Creative Studio, onde desenvolven traballos de ilustración, publicidade e banda deseñada. En conxunto publicaron A Cortina das Aves Canoras – Prelúdio (2018) e participaron en todos os volumes da antoloxía Ditirambos. No festival Viñetas desde o Atlántico, compartiron espazo co editor Marcos Farrajota (Chili com Carne) para reflexionar sobre o presente e o futuro da BD en Portugal, os seus desafíos e a súa internacionalización.

Como describiriades a situación actual da banda deseñada?

Raquel Costa.—Eu describiríaa como un mercado en crecemento. Afortunadamente. Está a haber unha aposta maior a nivel de publicación por parte das editoriais, unha diversificación de públicos e unha diversidade de xéneros e contidos, porque temos produción máis mainstream, temos autores que traballan para a industria norteamericana, temos moita produción de banda deseñada máis experimental tamén, temos moitos colectivos e autores individuais a explorar o formato fanzine. Polo tanto, penso que, afortunadamente, se ve un certo crecemento que considero moi saudable. Non sei se, Nuno, queres falar un pouco do noso proxecto no que estamos implicados.

Nuno F. Cancelinha.—Collendo o fío do que dixo Raquel, o noso proxecto xorde nun punto intermedio entre un proxecto algo comercial, pero tamén cun espírito independente, na medida en que boa parte dos autores implicados, aínda que xa teñen un longo percorrido en banda deseñada (algúns con décadas de carreira, como o caso de Diogo, ou con máis visibilidade no mercado, como Joana Afonso ou André Caetano), tamén hai xente coma nós, que somos sobre todo grandes afeccionados ao cómic e que tamén gustamos da parte editorial. Traemos esa experiencia á publicación. Polo tanto, e como di Raquel, o mercado do cómic está a medrar, é excelente que haxa expresións diversas, e o noso proxecto conseguiu atopar un oquiño nese nicho, nese cruzamento entre unha expresión máis independente, máis autoral, e unha expresión tamén comercial, porque tamén é necesaria.

Cal é o principal xénero da banda deseñada en Portugal? Que particularidade ten?

Marcos Farrajota.—Ben, como dixo Raquel, actualmente hai un pouco de todo, e iso é interesante para un país que sempre tivo un mercado moi débil e sobre todo moi tradicionalista. Ao contrario que España, que tivo a Calpurnio, Nazario, Max etc., en Portugal somos un país de bos costumes, moi ben comportado, por así dicilo. Iso inflúe moito cando os editores non apostan en novidades e autores locais. Especialmente en termos contemporáneos, iso inflúe nos lectores, nos novos artistas, nas xeracións seguintes, e convértese nun círculo vicioso. Eu penso que aínda non se rompeu, porque hai unha historia demasiado pesada, moi ligada a esa cultura tradicionalista. Pero sempre houbo voces disonantes, e actualmente, vendo o que se ofrece, e grazas a que co medio dixital é máis fácil editar, conséguese moita máis variedade ca hai 20 ou 30 anos.

E o mercado portugués como funciona fóra, en Galiza, en España ou noutros países?

Marcos Farrajota.—Hai un fenómeno curioso, que é Polonia. Moitas obras portuguesas foron traducidas alí. Isto débese a unha persoa que foi estudar portugués converteuse en tradutor e nunha especie de embaixador da BD portuguesa, e grazas a el publicouse moita BD en Polonia. O resto son experiencias pequenas aquí e acolá. Por exemplo, O Cuidado dos Pássaros, de Francisco Sousa Lobo, editouse aquí. Pero son cousas pequenas, aínda que este libro (El cuidado de los pájaros) foi publicado polo selo de Penguin Random House en España. Son cousas que acontecen por casualidade. Penso que ten que ver co feito de que non houbese un formato previo establecido desta nova vaga chamada novela gráfica (termo que non me gusta nada). Como non había esa experiencia, non hai obras suficientes para publicar fóra de Portugal. Pero si, acontecen cousas aquí e acolá, de forma caótica, aleatoria.

E o lugar das mulleres na BD?

Raquel Costa.—É inevitable dicir que o mundo do cómic en Portugal, como penso que no mundo enteiro, está moi dominado por homes. Aínda é un estigma difícil de rachar e nótase moito nos eventos e festivais: hai unha presenza masculina forte, moitos autores, editores, organizadores son homes. Iso non é malo en si mesmo, non é unha crítica. Penso que hai apertura, e esa é a parte positiva. Hai máis apertura para a entrada de mulleres, temos moitas autoras a producir: Joana Afonso, Sofia Neto, no propio Ditirambos, despois Bia Costa, Joana Mosi, Joana Estrela, en expresións moi diversas, autoras que recibiron recoñecemento. Temos tamén editoras mulleres e persoas ligadas á organización de eventos. Son sinais positivos de cambio, e hai homes aliados, o cal é moi importante. É un mundo aínda maioritariamente masculino, por tradición, pero co crecemento do mercado comezan a aparecer sinais de mudanza. Aínda queda moito camiño.

Marcos Farrajota.—Eu quería diverxer un pouco. Moi simple: penso que non é totalmente certo. Mesmo houbo moitas mulleres á fronte de grandes editoriais no pasado, como Maria José Pereira, ou na Arte do Autor. Non penso que sexa un mundo dominado por homes. O problema é a tradición do mercado, que elas non romperon. Sempre houbo autoras, pero tardou moito; por exemplo, a publicación de Persépole, de Marjane Satrapi, un best-seller mundial. Houbo falta de sensibilidade das editoriais. Se se publicase logo, quizais aparecerían moitas máis mulleres. Sabemos que cada vez que sae unha autora, iso desata moitas máis no futuro. Polo tanto, é complicado.

Que consello lles dariades ás novas xeracións que queiran comezar na BD?

Nuno F. Cancelinha.—É unha cuestión difícil. Penso que as novas xeracións non nos ven a nós como referentes a quen lles pedir consello. E nós tamén temos a conciencia de que quizais non sexamos os máis indicados. Pero hai algo importante: a gran diferenza entre a nosa xeración e as novas é que, como dixo o Marcos, Portugal é un país tradicionalista, e a arte nunca foi unha manifestación cultural expandida. Hoxe vexo moitos mozos traballando arreo para gañar velocidade de escape, para lanzarse a un mercado (sexa BD, música, cinema...). En Portugal, as cousas pasan caoticamente, puntualmente, nunca hai un gran plan, son esforzos fugaces. O que eu diría é que persistan. Porque as súas voces son as que fan falta agora e no futuro.

Raquel Costa.—E que veñan a festivais como o Viñetas, coñecer a comunidade.

Viñetas desde o Atlántico pecha con récord de público e con libros de autores esgotados a súa 28º edición

Máis de 120.000 personas participaron desde o 11 ao 17 de agosto nas múltiples actividades realizadas no marco deste festival

O Viñetas desde o Atlántico pecha a súa semana grande con récord de público en todas as actividades organizadas durante a semana do 11 ao 17 de agosto. Foron máis de 120.000 as persoas que se achegaron á feira, tanto ás distintas exposicións que están por toda a cidade, como ás charlas, obradoiros, concertos e outras actividades do festival. Ademais, algúns dos autores convidados ao evento esgotaron edicións dos seus libros nun Viñetas máis ambicioso que en anos anteriores no que tamén houbo máis exposicións e máis autores convidados.

Se pola Rúa da BD pasaron case 80.000 persoas, as varias mostras do Viñetas repartidas por toda a cidade da Coruña non quedaron atrás e acolleron máis de 40.000 visitantes. A de máis afluencia foi a do Quisco Alfonso, que acollía a exposición 'Viñetas e Decibelios' con obras de Víctor Coyote, Azagra e Revuelta, Magius, Miguel B. Núñez, Cols (Olivia e Clara Cábez) e Don Rogelio J. Nas 30 horas que estivo aberta durante a semana do festival, máis de 15.000 persoas pasaron polas súas salas.

Tamén houbo unha grande afluencia, maior que anos anteriores, noutras mostras do festival, especialmente as instaladas no Palexco, ‘Quino na Música', sobre o autor de Mafalda, e 'Astro-Ratón y Bombillita', de Fermín Solís.

Ademais, neste espazo houbo unha grande afluencia de público infantil e xuvenil ao concentrarse nel os obradoiros para os máis pequenos do festival. Destacaron tamén as visitas ás mostras de Dave Cooper, na Casa Museo Picasso; a da Sala Municipal de María Pita, con obras de Inacio e Iván Suárez e as gañadoras dos Premios Castelao 2024, Sandra Lordi e Laura Suárez.

A gran novidade deste festival, o photocall 3D instalado no Palexco, tamén foi todo un éxito. Case 3.200 persoas pasaron polo ScanMeNow para ter a súa foto en 3D con Mafalda e Astro Ratón co cartel oficial do festival de fondo.

O Viñetas 2025 tamén destacou pola masiva participación de público nas sinaturas oficiais cos autores. De feito, algúns deles como o Premio Nacional do Cómic, Magius, ou o reputado artista canadiense Dave Cooper, tiveron longas colas na carpa oficial na busca dunha sinatura. Ademais, obras como Black metal, de Magius, ou a biografía de Buenaventura Durruti, de Carlos Azagra e Encarna Revuelta, esgotáronse en todas as librarías do festival.

“ACERTO COAS PROPOSTAS”

"Estou moi satisfeito co resultado desta edición. Afinamos ben coas propostas, coa selección de autores e coas temáticas abordadas, e isto viuse reflectido nun aumento de afluencia de público dun 20% máis que en 2024”, apunta o director do festival, Manel Cráneo, que destaca o seu empeño en “seguir medrando”.  “Este ano entraron apoios importantes como os que nos brindaron a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Estrella Galicia, ademais, obviamente do total apoio do Concello da Coruña.Estamos no camiño”, sinala.

O director do Viñetas tamén salienta as evolucións creativas do festival con novidades como a implementación das novas tecnoloxías. “O Scanmenow fixo ferver a sala de Palexco. Estou agradecido de que Inés Rey e Gonzalo Castro compartan visión comigo respecto a iso”, indicou. “A Coruña é un fervedoiro autoral que debe mirar cara fóra sen perder a nosa identidade e o Viñetas ten que ser a plataforma de lanzamento definitiva do noso talento cara o exterior. Tamén a organización do festival por seccións é un acerto consolidado no que seguiremos pulindo detalles”, engadiu.

Persoa vendo libros nun posto da rúa BD

MÁIS PEZAS E AUTORES

Este Viñetas amosou 1400 pezas entre obra en papel e creación dixital repartida en 21 exposicións. Nesta edición, participaron máis de 70 autores, fronte aos 40 do ano pasado, e preséntanse 20 exposicións, en comparación coas 18 de 2024. Tamén houbo tres concertos de autores de banda deseñada que tamén son músicos, un Late Night Show no Colón e seis obradoiros infantís na Sala Palexco.

Foron preto de 60 actividades entre charlas, faladoiros, talleres ou presentacións e 36 casetas de librarías e editoriais con catro exposicións internacionais con obras de Canadá, Arxentina, Portugal e Francia.

Un neno e una nena lendo un libro na rúa BD do festival de Viñetas desde o Atlántico

VIÑETAS SHOW

Este Viñetas 2025 tamén veu cargado de concertos gráficos e actuacións en vivo, incluíndo o espectáculo de Víctor Coyote e o concerto ilustrado de Hombre Tigre con actuacións de autoras como Anabel Colazo e Raquel Montero, ademais da proxección do documental Quinografía e un Late Night Show con entrevistas a autores, presentado por Neves Rodríguez. “É un formato que é un acerto, que funciona, que á xente lle gusta e polo que seguiremos apostando e impulsando en futuras edicións”, destaca Manel Cráneo.

TALLERES E ESPECTÁCULOS

Ademais, o Viñetas Mini trouxo talleres diarios con autores convidados na Sala Municipal de Palexco, espectáculos nas Bibliotecas Municipais e a tradicional Rúa da BD, que encheu a feira do cómic coa presenza de 35 editoriais e librarías especializadas, con máis de 100 actividades, entre elas sinaturas, charlas, presentacións, visitas guiadas e masterclasses nos Xardíns de Méndez Núñez. Por suposto, tampouco faltaron os talleres e revisión de portafolios por parte de editores na sección Viñetas Pro.

«No cómic, as mulleres temos a capacidade e a necesidade de transformar todo aquilo que nos incomoda, que nos agride»

Artistas consolidadas e novas promesas da novela gráfica destacan o incremento de voces femininas neste sector, tradicionalmente masculino. Recoñecen as dificultades desta industria, pero animan as novas xeracións a perseverar se queren converterse en ilustradoras profesionais

«O cómic foi un territorio moi remiso a abrirse á entrada das voces femininas. Tivo durante moito tempo un discurso patriarcal». Marika Vila, artista gráfica, ilustradora, autora de banda deseñada, investigadora especialista en estudos de xénero e docente da UAB, ten claro como foi o sector da novela gráfica ata hai uns anos. Algo que agora cambiou, especialmente, polo traballo de pioneiras coma ela, e dunha nova fornada de mozas ilustradoras.

De feito, a feminización do mundo do cómic xa é un feito. Así o corrobora a ilustradora Montse Mazorriaga, para quen o aumento da calidade das obras feitas por mulleres «é impresionante, porque hai diversidade de voces e hai diversidade de temas». Sara Jotabé, da nova fornada de artistas, xa non ve tanto un problema de xénero, senón de etiquetas. «O que é complexo agora mesmo na sociedade é saírse dos canons e dos padróns establecidos... porque a xente busca as etiquetas», di.

Marika Vila lembra que movementos dentro do sector como a revista El Vívora ou o cómic de final do século XX seguen sendo «moi masculinos». «As gretas que fomos abrindo as autoras permitiron entrar voces novas e, con elas, a diversidade», sinala. Algo que comparte tamén Montse Mazorriaga. «Desde a páxina un dun cómic, as mulleres temos a capacidade e a necesidade de transformar todo aquilo que nos incomoda, que nos agride, que nos molesta ou que nos interesaría mostrar a través das súas páxinas», apunta.

Para Sara Jotabé, o cómic é unha ferramenta «moi potente» para lanzar mensaxes, porque «lle chega de forma directa ao lector e xérase un diálogo». «É unha ferramenta indispensable para mostrar todos estes temas e reivindicar sempre esta postura feminista e non feminista e, sobre todo, tamén de calquera grupo non binario», agrega Montse.

Vivir do cómic

A pesar do cambio de tendencias e de xéneros neste sector, o certo é que ilustradores e ilustradoras coinciden na dificultade de poder vivir plenamente do cómic. «Dentro de como está todo e de que, realmente, vivir do cómic é algo complexo, eu son optimista e animo a todas as persoas que están a comezar ou teñan interese nisto a que se lancen. Porque, desde logo, temos vontade e son moitas voces e moi diversas», comenta a este respecto Sara Jotabé.

A pesar disto, é importante nesta industria o apoio das institucións. Un apoio que, aínda que tamén creceu nos últimos anos, non é o desexado polos autores. «É certo que o Goberno nos ten dado sinais de que apoia o cómic e de que apoia a produción cultural española, pero aí estamos, a ver como se desenvolve e a onde leva», comenta Marika Vila en relación con iso.

Nos últimos anos tamén aumentaron o público e o mercado da novela gráfica. E iso tamén axuda ao desenvolvemento deste sector. «Creo que mellorou substancialmente, sobre todo, a nivel nacional, aínda que, evidentemente, hai que facer chegar o cómic á maioría dos lectores, e pode facerse dunha maneira moi directa porque conta historias moi actuais», apunta Montse Mazorriaga. E, aínda que hai dificultades, as autoras animan as novas promesas. «Vivir do cómic é complicado, pero tamén é moi complicado facerse unha estrela do pop, ou conseguir vivir do fútbol, ou de calquera deporte e, con todo, a xente non desiste no seu empeño... É complicado, pero non é imposible», apunta Sara Jotabé.

Consellos ás novas xeracións

Por isto, estas tres ilustradoras animan as novas promesas a meterse de cheo na industria do cómic se é o que lles gusta. E que o fagan sen temor ao futuro profesional. «O primeiro erro é non tentalo. Só o mero feito de encamiñarse a vivir do cómic é estar no bo camiño. O feito de atoparse con negativas polo camiño non é só da industria do cómic, senón da vida», asegura Sara Jotabé, que lles pide aos máis novos «que non desistan no seu empeño e que se rodeen de xente que lles achegue cousas».

Marika Vila aposta por «paciencia, constancia e traballo», mentres que Montse Mazorriaga insiste na «paciencia». «Nunca é tarde. Hai que comezar cando un vexa que ten que comezar, pero se comezas moi cedo tamén tes que empezar a ser constante, traballador e moi paciente», engade.

O que supón o Viñetas

Estas tres autoras participaron estes días no festival Viñestas desde o Atlántico, o maior festival de banda deseñada do noroeste peninsular. Unha cita, din, «imprescindible» para os amantes deste sector.

Marika é a segunda vez que vén a este festival. «Encántame vir a este salón. É un salón que reúne a internacionalidade, veñen autores de todas as partes, pero tamén potencia o cómic autóctono e a lingua e a cultura galegas e, por tanto, faite sentir como na casa», apunta.

Montse e Sara é a primeira vez que participan. «O festival ten unha onda superguai, ou sexa que eu encantada de estar aquí, e espero poder volver», di a segunda, mentres que para a primeira é «moi acolledor». «Tiven gratas experiencias, e cos lectores e as lectoras que se achegaron, e gustoume moitísimo», conclúe.

Montse Mazorriaga

Montse Mazorriaga (Viladecavalls, Barcelona, 1972). É autora de cómic e ilustradora. Estudou Humanidades e Deseño Gráfico e é autodidacta no campo máis artístico. Publicou con Elpoblet Edicions o álbum ilustrado Santi, Jordi, la princesa i el drac (2016), e en Cósmica Editorial, a BD Nellie Bly, diario de una viajera (2019), con guión de Carlos Correia. Participou nos cómics benéficos Paz e Mil brujas (2022), de Serendipia Editorial. Os seus últimos títulos publicados son La Luna de Verne, (Serendipia Editorial, 2023); Ordo Virtutum (Wack! Cómics, 2024), La partida (Cascaborra Editorial, 2025) e Orlando (Bang, 2025), adaptación da novela de Virginia Woolf.

Marika Vila

Marika Vila (Barcelona, 1949). Artista gráfica, ilustradora, autora de cómic, investigadora especialista en estudos de xénero, docente (UAB), articulista e crítica de cómic (Serra d’Or). En 1970 iniciouse na profesión como ilustradora e debuxante de cómic, publicando en Inglaterra, Escocia, Italia e Suecia. Despois, participou na revista Troya e cos colectivos La Astronave Pirata e Equipo Butifarra. Publicou en cabeceiras como Tótem, Interviú, Rambla, El Jueves ou Gaceta Ilustrada. Recibiu múltiples galardóns, como o Premio Ivà 2018 á mellor historietista profesional, o premio honorífico do Colectivo Autoras de Cómic 2020 ou o Gran Premio Comic Barcelona 2024. Recentemente publicou as novelas gráficas Mata Hari (Isla de Nabumbu, 2.ª ed. 2023) e Moderna secreta (hija de Morgana) (Marmotilla, 2025), renovada e con novos capítulos.

Sara Jotabé Sara Jotabé (Zaragoza, 1993). Autora de cómic, ilustradora e humorista gráfica. Especializada no humor e nas causas sociais; entre as súas obras destacan Quiero ser como tú (Panini, 2021), Tupper para tres (Fandogamia, 2022) ou Pajas mentales (Letrablanka, 2016), así como Un día normal (Amanixer/Ayuntamiento de Zaragoza, 2025). Ademais, é autora das mostras itinerantes nacionais Mujeres con discapacidad (proxecto con tres edicións realizado xunto a Amanixer, Asociación Aragonesa de Mujeres con Discapacidad, e o Concello de Zaragoza), Igual de profesionales e Viñetas por la igualdad y contra la violencia de género.

Magius, Premio Nacional de Cómic: «Agora fanme máis caso, invítanme aos festivais»

Meticuloso, detallista, reivindicativo. Este ilustrador murciano recoñece que a súa obra é política e social, pero que, sobre todo, busca retratar perpetuacións do poder

Diego Corbalán, coñecido artisticamente como Magius (Murcia, 1981), é ilustrador, debuxante e guionista. Iniciouse no mundo dos fanzines en 1998 e en 2001 participou no nacemento do fanzine Black Metal. Entre as súas obras destacan Murcia (Entrecomics Cómics, 2015), El método Gemini (Autsaider, 2018) e Primavera para Madrid (Autsaider, 2020), gañadora do Premio Nacional de Cómic 2021. A súa última obra é Black metal (Autsaider, 2025), baseada en sucesos ocorridos en Noruega a comezos dos anos noventa, con varios crimes e queimas de igrexas.

—A túa obra mestura realidade e ficción con temas intensos, quizais controvertidos. Que che atrae do tipo de historias que ti debuxas?

—O que me atrae son os círculos de poder, os grupos pechados que intentan conspirar, dalgún xeito, para acadar o poder e para conservalo. E a sociedade secreta, a política, todo ese tipo de cousas...

—De feito, na túa obra hai moito de social e moito de político, non?

—Si, pero non tanto en plan reivindicativo, senón máis ben como reflexo do que é a política e a sociedade. Trátase, basicamente, de como determinar xente que parece respectable, pero utiliza a mentira e o asasinato, ou calquera tipo de crime, para superar perpetuacións do poder.

—E, claro, iso é o que mesturas tamén nas túas obras, eses sucesos criminais dos que falas, como sucede co teu último libro, Black metal, non?

—Efectivamente.

—É de supoñer que hai un intenso traballo de documentación detrás...

—Si, documéntome buscando por internet ou lendo libros, ou vendo películas ou documentais. O que faga falta, segundo a historia coa que queira reflectir a mafia. Por exemplo, á parte de películas de Scorsese, que me inspiraron e que tamén tentei copiar, utilizo documentación de sucesos reais, de novas, de documentais, de libros.

—Sempre hai unha relación estreita entre o cómic e a música; como a definirías?

—O cómic é puramente visual e a música é puramente auditiva, pero relaciónanse.

—A que te refires?

—Eu creo que ten que ver co feito de que moitas veces a música, as cancións, contan historias e serven para reflectir situacións complicadas da vida. Fano dun xeito, noutro formato, que o cinema, a literatura ou a televisión non permiten porque son formatos moi masivos. Con todo, o cómic e a música moitas veces funcionan en forma de nicho, de maneira independente, e permiten dicir certas cousas que os outros formatos non.

—Es Premio Nacional de Cómic. Houbo un antes e un despois tras recibir ese galardón?

—Agora fanme máis caso, invítanme aos festivais. Tamén me deu acceso a poder seguir debuxando cómic.

—E non te sentes máis presionado? —É certo. Pero é a presión de que teño que seguir debuxando cómic e que teño que tentar que sexa máis ou menos do mesmo nivel. Mais non tanta presión editorial, porque a editorial é moi pequena.

Chega á Coruña o photocall 3D, a novidade doViñetas para saír retratado xunto a Mafalda

Trátase dun servizo gratuíto de fotos en 3D que estará na expo ‘Quino na música’ durante toda esta semana

Experiencia cuasi inmersiva. A exposición ‘Quino na música’ acolle un ‘Photocall 3D’ que é a primeira vez que se pode ver nunha grande exposición de cómic en España. As e os visitantes que se acheguen a esta mostra poderán sacar fotos 3D con Mafalda e Astro Ratón, a personaxe creada polo ilustrador Fermín Solís, grazas ao escáner de última xeración ScanMeNow.

Este aparello conta con 120 cámaras e reproduce fotos tridimensionais que os asistentes poden descargar a través dun código QR. É un aporte de Turismo da Coruña ao festival Viñetas desde o Atlántico dentro da súa estratexia de sostebinilidade. “É a primeira vez que esta tecnoloxía se utiliza nunha gran exposición do cómic en España”, destacou Manel Cráneo.

ScanMeNow é un sistema de fotografía inmersivo composto por máis dun cento de cámaras que se conectan aos correspondentes microprocesadores para sacar unha foto en 360º dunha persoa que se introduce dentro do módulo do trebello 3D. Esta imaxe logo se procesa a través de intelixencia artificial para dar lugar a unha fotografía en 3D. “A idea
é poder levar unha lembranza virtual dun mesmo”, apunta Manuel Meijide, o responsable
de ScanMeNow.

Para iso, as persoas que decidan facerse a foto recibirán un código QR a través do que terán que meter os seus datos –nome e corres electrónicos-- e, unhas horas despois, recibirán por e-mail a súa imaxe en 3D. Este innovador sistema de realidade aumentada estará durante toda esta semana no Palexco, á entrada da exposición ‘Quino na música’.

QUINO E MAFALDA

O ScanMeNow atópasa á entrada da exposición ‘Quino na música’, unha homenaxe sen precedentes á obra do debuxante arxentino Joaquín Salvador Lavado Tejón, Quino (1932–2020), centrada na súa relación fonda e constante coa música. A mostra, aberta ao público dende xuño na sala de exposicións do Palexco, poderá visitarse ata o 21 de
setembro.

Con máis dun cento de debuxos orixinais, entre eles tiras publicadas dende os anos cincuenta ata finais dos noventa, ‘Quino na música’ amosa como a música —do tango ao rock, da música clásica ao pop— está presente en toda a traxectoria do autor. Dende o amor de Mafalda polos Beatles ata a crítica á censura ou aos poderes establecidos a través da música, a exposición permite redescubrir a riqueza expresiva, estética e ideolóxica dunha das voces máis singulares do humor gráfico contemporáneo.

PROGRAMACIÓN DE MAÑÁ, XOVES

O Festival Internacional da Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico afronta este xoves 14 de agosto unha nova xornada cargada de actividades para todos os públicos.

Pola mañá, a Rúa da Banda Deseñada acollerá ás 11:00 horas a charla Pedro Pico & Pico Vena. Historias del punk, con Carlos Azagra e Encarna Revuelta. Ás 12:00 horas, o mesmo espazo será escenario da charla Ética, respecto e compromiso na edición de cómics, a cargo de Emilio e Iris Bernárdez; á mesma hora, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, Adrián Prado impartirá un obradoiro de deseño e debuxo de personaxes con análise de portafolios profesionais (inscrición previa). Tamén ás 12:00 e ás 13:00 horas, a Sala Palexco acollerá dous obradoiros infantís Con permiso de Quino. Aprende a debuxar a Mafalda, dirixidos a nenos e nenas de 7 a 9 e de 10 a 11 anos, respectivamente, con Alberto Díaz. A mañá completarase ás 13:00 horas na Rúa da Banda Deseñada coa charla Cómic & Rock en Malasaña, con Clara e Olivia Cábez e Miguel B. Núñez.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, haberá un novo obradoiro Con permiso de Quino para público a partir de 12 anos na Sala Palexco, mentres que na Rúa da Banda Deseñada terá lugar unha sesión de sinaturas con Dave Cooper, Magius, Clara e Olivia Cábez, Miguel B. Núñez, Víctor Coyote, Carlos Azagra e Encarna Revuelta. Ás 18:30 horas presentarase A mansión misteriosa, de Marcos B., e ás 19:30 horas, Muérdete la lengua, por (en inglés e sen intérprete). O Teatro Colón acollerá ás 21:00 horas o concerto ilustrado coa banda Hombre Tigre e as autoras Anabel Colazo e Raquel Montero. A xornada rematará ás 23:30 horas na Sala Mardi Gras co Cols DJ Set, a cargo de Clara e Olivia Cábez.

Comeza o Viñetas desde o Atlántico, o "máis ambicioso e internacional" da súa historia

Do 11 ao 17 de agosto de 2025, a cidade da Coruña acolle a celebración da 28ª edición do Festival Viñetas desde o Atlántico con máis autores, exposicións e novidades ca nunca

“É a exposición máis ambiciosa desde o comezo deste festival”. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou a importancia que esta 28ª edición do Festival Viñetas desde o Atlántico ten para a cidade e para toda Galicia. E é que a cidade converterase desde esta semana na capital peninsular da banda deseñada con numerosas exposicións, obradoiros, visitas guiadas ou concertos, entre outras moitas actividades.

Este Viñetas amosará 1.400 pezas entre obra en papel e creación dixital repartidas en 21 exposicións. Haberá sinaturas e actividades de 70 autores e autoras, tres concertos de creadores de banda deseñada que tamén son músicos, un Late Night Show no Colón e seis obradoiros infantís na Sala Palexco.

“Son preto de 60 actividades entre charlas, tertulias, obradoiros ou presentacións e 36 stands de librarías e editoriais”, destacou Inés Rey. Pola súa banda, o director do festival, Manel Cráneo, subliñou, ademais, que A Coruña acollerá catro exposicións internacionais con obras de Canadá, Arxentina, Portugal e Francia. “Estamos ante un dos mellores festivais do mundo”, sinalou.

De feito, tanto o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, como o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacaron a importancia deste evento. “É un proxecto non só coruñés, senón de toda Galicia”, dixo Lorenzo. “É unha expresión de arte que esperta interese tanto nos máis pequenos coma nos que xa teñen canas e por iso temos que internacionalizalo entre todos”, apuntou Valentín González. Pola súa parte, o director de Márketing de Hijos de Rivera, Antonio Viejo, dixo que esta empresa está para “apoiar a cultura” de Galicia.

FOTOS EN 3D

Este Viñetas tamén destacará polo Scanmenow instalado na exposición de Mafalda, que realiza fotos e reproducións en 3D de todas as persoas que se acheguen á mostra, con figuras de Mafalda e Astro-Ratón e o cartel oficial do festival de fondo. Ademais, hai 11 restaurantes que dedicarán un prato a personaxes e series de banda deseñada, e un libro con cómics exclusivos das persoas convidadas e artigos de investigación.

O tema central desta edición será a relación entre a banda deseñada e o mundo musical, con exposicións e concertos que unen ambas disciplinas. Ademais, Viñetas realizará unha homenaxe a Castelao para conmemorar o 75º aniversario do seu falecemento, e dedicaranse exposicións e actividades especiais para lembrar o seu legado. Nesta edición participan máis de 70 creadores (73), fronte aos 40 do ano pasado, e preséntanse 20 exposicións, en comparación coas 18 de 2024.

E, como non podía ser menos, na Coruña estarán figuras internacionais e estatais da talla de Dave Cooper, un dos principais ilustradores de Canadá; Magius, Premio Nacional de Cómic en 202; Fermín Solís, da nova ola do cómic español; ou o polifacético artista galego Víctor Coyote. Tamén estarán os destacados ilustradores Carlos Azagra, Encarna Revuelta, Miguel B. Núñez, Olivia e Clara Cábez, Don Rogelio J, Inacio e Iván Suárez, Sara Jotabé, Montse Mazorriaga, Marika Vila, Jorge Esteban Urabayen, Sandra Lordi, Laura Suárez, Raquel Gu, Natalia Velarde, Arkaitz González, Diego Burdío e Adrián Prado, entre outros.

EXPOSICIÓN, COMIC E MÚSICA

Ademais, a cidade coruñesa acollerá 20 mostras, incluíndo Quino na Música, Astro-Ratón e Bombillita de Fermín Solís na Sala Municipal de Palexco; Viñetas e Decibelios, no Kiosco Alfonso; e obras de Víctor Coyote, Azagra, Revuelta, Magius, Miguel B. Núñez, Cols (Olivia e Clara Cábez), Don Rogelio J e Wobbly de Dave Cooper, na Casa Museo Picasso. Pola súa parte, en colaboración coa Deputación da Coruña, a Sala Municipal de María Pita acollerá obras de Inacio e Iván Suárez e das gañadoras dos Premios Castelao 2024, Sandra Lordi e Laura Suárez.

Este Viñetas 2025 tamén vén cargado de concertos gráficos e actuacións en vivo, incluíndo o concerto ilustrado de Hombre Tigre, actuacións de autoras como Anabel Colazo e Raquel Montero, ademais da proxección do documental Quinografía e un Late Night Show con entrevistas a autores, presentado por Neves Rodríguez.

OBRADOIROS E ESPECTÁCULOS

Ademais, o Viñetas Mini traerá obradoiros diarios con autores convidados na Sala Municipal de Palexco e espectáculos nas Bibliotecas Municipais, e a tradicional Rúa BD encherá a feira da banda deseñada coa presenza de 35 editoriais e librarías especializadas, con máis de 100 actividades, entre elas sinaturas, charlas, presentacións, visitas guiadas e masterclasses nos Xardíns de Méndez Núñez. Por suposto, tampouco faltarán os obradoiros e revisión de portafolios por parte de editores na sección Viñetas Pro.

O Festival Viñetas desde o Atlántico ofrece estemércores unha xornada repleta de cómic,obradoiros, sinaturas e cine

Presentacións, contacontos ilustrados, visitas guiadas, obradoiros especializados e o espectáculo Viñetas Late Night protagonizan a programación do 13 de agosto en A Coruña

O Festival Internacional da Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico continúa este mércores 13 de agosto cunha intensa programación que encherá a cidade de actividades para todos os públicos, desde presentacións de novidades editoriais e obradoiros profesionais ata espectáculos de música e cine vinculados ao cómic.

A xornada abrirase ás 11:00 horas coa presentación de Historias do páramo, a cargo de Alexandre Senande e Pjota, na Rúa da BD, en colaboración con Komic Librería. Á mesma hora, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, celebrarase o obradoiro «Espada y pluma: creación dun cómic histórico», impartido por Jorge Esteban Urabayen (inscrición previa na web de Bibliotecas).

Ás 12:00 horas, o público poderá asistir á presentación de Sentinelas da lúa carmesí e Sentinelas no limiar das tebras, con Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande (tamén en colaboración con Komic Librería), así como á sesión infantil «O contacómic» con Pablísimo na Biblioteca Municipal Castrillón (inscrición previa). Tamén ás 12:00 terá lugar unha visita guiada á exposición dos XIX Premios Castelao, con Sandra Lodi e Laura Suárez, na Sala Salvador de Madariaga.

Pola tarde, ás 17:00 horas, haberá sesión de sinaturas na Rúa da Banda Deseñada con Dave Cooper, Don Rogelio J e Magius. Ás 18:00 horas, o espectáculo infantil «O contacómic» con Pablísimo chegará á Biblioteca Municipal Os Rosales (inscrición
previa).

O Teatro Colón acollerá ás 19:00 horas a proxección de Quinografía, dentro de Viñetas Show. Media hora máis tarde, ás 19:30 horas, o público infantil poderá gozar dun novo Contacómic con Juan Rodríguez na Carpa RúaBD (a partir de 3 anos, en colaboración con Galgo Azul).

A xornada pecharase no Teatro Colón, ás 21:00 horas, cunha nova entrega do Viñetas Late Night «Música & BD», que reunirá a Magius, Fermín Solís e Don Rogelio J nun espectáculo que mestura historieta e música en directo.

A Coruña énchese de viñetas: Viñetas desde o Atlántico arranca hoxe con música e continúa mañá cunha xornada chea de actividades

O Festival Internacional da Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico arrinca hoxe, luns 11 de agosto, coa inauguración oficial ás 18:00 horas no Kiosko Alfonso.

A xornada de apertura pechará cun concerto gráfico de Don Rogelio J, ás 21:00 horas na Carpa Rúa BD.

Mañá, martes 12 de agosto, o festival continuará cunha intensa programación que combinará charlas, presentacións, obradoiros, visitas guiadas e sinaturas, repartidas entre diferentes espazos da cidade.

Programación para o martes 12 de agosto

MAÑÁ

Na Carpa Rúa BD:

11:00 h – Charla «Con voz propia: historias del yo». Situación das mulleres no sector da BD con Marika Vila, Montse Mazorriaga e Sara Jotabé. (En colaboración coa Sectorial del Cómic)

12:00 h – Presentación de A tese de Margot, por Alba Ceide e Óscar Losada. (En colaboración con Komic Librería)

No Palacio Municipal María Pita:

12:00 h – Visita guiada á exposición Castelao en BD, por Inacio e Iván Suárez.

Na Sala Palexco

12:00 h – Obradoiro de iniciación ao fanzine (Viñetas Mini). A partir de 6 anos. (En colaboración con Autobán. Inscrición no stand 19)

TARDE

Carpa Rúa BD

17:00 h – Sesión de sinaturas: Marika Vila, Montse Mazorriaga, Sara Jotabé, Don Rogelio J, Inacio e Iván Suárez.

18:30 h – Charla «A internacionalización do cómic español, pola Sectorial del Cómic. O proxecto WILDCAT de ENCRE», con Alejandro V. Casasola Medina (presidente) e Emilio Gonzalo Mallo (secretario). (En colaboración coa Sectorial del Cómic)

19:30 h – Charla «Crowdfunding aplicado á autoedición», por Jordi Bayarri. (En colaboración con Anillo de Sirio)

20:30 h – Presentación do proxecto Tebeos a Una, por Pedro Medina. (En colaboración con Fandogamia Editorial)

Sala Palexco

18:00 h – Obradoiro de cómic «Elixe (ou non) a túa propia aventura», por Diego Burdío (8 a 16 anos). (En colaboración con GP Ediciones. Inscrición no stand 5)

Viñetas desde o Atlántico continúa así a súa aposta por ofrecer ao público unha programación diversa que combina creación, formación e encontro entre autores e lectores, consolidando o festival como unha cita de referencia no mundo da banda deseñada.

Viñetas desde o Atlántico regresa esta semana coas novas iniciativas de Viñetas Inclusivas

Do 24 ao 27 de setembro, o festival internacional da banda deseñada da cidade da Coruña regresa para estender a súa actividade con tres actividades xunto a colectivos desfavorecidos

Do martes 24 ao venres 27, ás 18.00h , terán lugar as visitas guiadas a cargo de Tonecho Otero co Comité Cidadán Antisida da Coruña – CASCO, tanto a través das exposicións monográficas de Marc Torices e Susanna Martín, como da Expofanzine e a mostra bibliográfica dos Premios Castelao, todas situadas na Sala de Exposicións de Palexco

O mércores 25, ás 18.30h, a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga acollerá o obradoiro interxeracional ‘Viñetas para todo o mundo’, en colaboración con Aspronaga e Dismacor, da man da xornalista especializada en educación e inclusión Sonia Hermida

Finalmente, o venres 27, ás 18.30h, Viñetas desde o Atlántico organizará, tamén na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, a presentación do fanzine ‘Nai dos desterrados’, editado por Amnistía Internacional, orientado a sensibilizar sobre o papel das mulleres nos conflitos bélicos, que conta con viñetas de Lucía Corral, Chano Ripio, Clara Artiaga, Ada Domeque (Empanada), José Nogueira, Xoana Pousa (Cuchiflainas), Ana Pumares e Marta Argüelles, mentres que a portada está firmada por Bea Gregores

Ata o vindeiro 30 de setembro, as exposicións de Viñetas desde o Atlántico 2024 continúan abertas ao público nas diferentes salas municipais da Coruña, mentres que no Kiosco Alfonso, ata o mes de xaneiro de 2025, desenvolveranse novos fitos de Viñetas desde a Escola

A Coruña, 23 de setembro de 2024. Esta semana, a 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico, o Salón Internacional do Cómic da Coruña, regresa á cidade herculina con novas iniciativas xunto a colectivos desfavorecidos no marco de Viñetas Inclusivas.

Desde xeito, do martes 24 ao venres 27 de setembro, ás 18.00h , terán lugar as visitas guiadas a cargo de Tonecho Otero co Comité Cidadán Antisida da Coruña – CASCO, tanto a través das exposicións monográficas de Marc Torices e Susanna Martín, como da Expofanzine e a mostra bibliográfica dos Premios Castelao, todas elas situadas na Sala de Exposicións de Palexco. O concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, Gonzalo Castro, xunto ao director de Viñetas desde o Atlántico, Manel Cráneo, acompañarán o mércores 25 a visita guiada.

Pola súa banda, tamén o mércores 25, ás 18.30h, a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga acollerá o obradoiro interxeracional ‘Viñetas para todo o mundo’, en colaboración con Aspronaga e Dismacor, da man da xornalista especializada en educación e inclusión Sonia Hermida.

Finalmente, o venres 27 de setembro, ás 18.30h, Viñetas desde o Atlántico organizará, tamén na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, a presentación do fanzine Nai dos desterrados, editado por Amnistía Internacional. Trátase dunha publicación orientada a sensibilizar sobre o papel das mulleres nos conflitos bélicos, que conta con viñetas de Lucía Corral, Chano Ripio, Clara Artiaga, Ada Domeque (Empanada), José Nogueira, Xoana Pousa (Cuchiflainas), Ana Pumares e Marta Argüelles, mentres que a portada está firmada por Bea Gregores.

Paralelamente, ata o vindeiro 30 de setembro, as exposicións de Viñetas desde o Atlántico 2024 continúan abertas ao público nas diferentes salas municipais da Coruña, mentres que no Kiosco Alfonso, ata o mes de xaneiro de 2025, desenvolveranse novos fitos de Viñetas desde a Escola.

AXENDA DE ACTIVIDADES DE VIÑETAS INCLUSIVAS

Do 24 ao 27 de setembro de 2024

Visitas guiadas

Do martes 24 ao venres 27 de setembro, ás 18.00h

Sala de Exposicións de Palexco

Visitas guiadas co Comité Cidadán Antisida da Coruña – CASCO, a cargo de Tonecho Otero (actividade pechada ao público).

Visitas guiadas diarias coordinadas polo Comité Ciudadano Antisida de A Coruña - CASCO a través das exposicións monográficas de Marc Torices e Susanna Martín e pola mostra bibliográfica dos Premios Castelao e a Expofanzine, todas na Sala de Exposicións de Palexco.

Obradoiro interxeracional

Mércores 25 de setembro, ás 18.30h

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga

Obradoiro interxeracional 'Viñetas para todo o mundo', en colaboración con Aspronaga e Dismacor, impartido pola xornalista especializada en edicación e inclusión Sonia Hermida (grupo pechado).

Presentación

Venres 27 de setembro, ás 19.00h

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga

Presentación do fanzine ‘Nai dos desterrados’, editado por Amnistía Internacional (actividade aberta ao público), con viñetas de Lucía Corral, Chano Ripio, Clara Artiaga, Ada Domeque (Empanada), José Nogueira, Xoana Pousa (Cuchiflainas), Ana Pumares e Marta Argüelles. A portada está firmada por Bea Gregores.

En palabras de Amnistía Internacional, “agradecemos moito estar presentes na actividade Viñetas Inclusivas, porque está moi en consonancia cos nosos principios. O noso obxectivo e dar a coñecer o traballo de Amnistía Internacional a través dun espazo innovador e achegar realidades e problemáticas sociais de persoas e países moi diversos a través dunha proposta lúdica e atractiva”.

Este ano queremos sensibilizar sobre o "papel das mulleres nos conflitos bélicos". O papel das mulleres nas guerras a miúdo está invisibilizado. Os conflitos armados acentúan as diferenzas de xénero. A violencia de xénero e sexual cara a elas agrávase debido á ausencia ou diminución do Estado de dereito, da seguridade, da impunidade dos perpetradores. O coidado dos membros da familia adoita recaer sobre elas, responsabilidades difíciles de soster nestes contextos, onde existe maior pobreza e menos acceso a servizos de saúde, atención materno-infantil, etc.

Amnistía Internacional defende a necesidade de previr ou poñer fin á violencia contra as mulleres, a obrigación de levar aos perpetradores perante a xustiza, de brindar reparación ás sobreviventes e promover a participación das mulleres nos procesos de paz. A organización sostén que estas medidas son pasos fundamentais cara a un futuro onde as mulleres deixen de ser obxectos de guerra para converterse en axentes de paz. O logro deste futuro está nas nosas mans”.

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO, 27 ANOS DUNHA CITA INTERNACIONAL DE REFERENCIA

Viñetas desde o Atlántico é o festival internacional da banda deseñada da cidade da Coruña. Organizado polo Concello da Coruña, cada mes de agosto reúne unha coidada selección de exposicións, artistas invitados, charlas, talleres, visitas guiadas, firmas e actividades paralelas, e unha feira cos expositores profesionais máis relevantes do sector, que converten A Coruña nun fervedoiro de creatividade e nun punto de encontro para amantes da banda deseñada en todas as súas acepcións e singularidades.

Con máis dun cuarto de século ás súas costas, Viñetas desde o Atlántico é unha cita de referencia a nivel internacional para o público e os profesionais, que este 2024 celebrorou a súa 27ª edición do 12 ao 18 de agosto baixo a dirección do autor coruñés Manel Cráneo. Co empeño de ofrecer unha visión o máis ampla posible do mundo da banda deseñada galega, nacional e internacional, Viñetas desde o Atlántico regresou á Coruña como un proxecto de cidade, arroupado polo sector profesional e cunha vocación de apertura a novas linguaxes, referentes e miradas. Porque A Coruña é, sen lugar a dúbidas, unha cidade de cómic.

Como novidade, o programa de Viñetas desde o Atlántico 2024 presentou unha nova estrutura, en torno a seccións especializadas orientadas aos seus diferentes públicos: Viñetas Expo, Viñetas Show, Viñetas Rúa BD, Viñetas Mini, Viñetas Ñam!, Viñetas Pro, Viñetas Inclusivas e Viñetas na Escola. As temáticas sociais, a internacionalización e a aposta pola banda deseñada independente e experimental foron as claves de Viñetas Expo, que dedicou exposicións monográficas a Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos, ademais de acoller as mostras das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho, e a mostra dos fanzines presentados ao I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego, convocado este 2024.

Pola súa banda, ‘Toriyama en Galicia’ é o título da exposición colectiva que lle rende homenaxe ao autor de personaxes xa míticos do noso imaxinario como Son Goku ou Arale, da man dunha coidada selección de autoras e autores galegos como Paula Cheshire, José Domingo, Miguel Robledo ou Xulia Pisón, entre moitos outros, con ilustracións debuxadas especialmente para a mostra, ademais dunha escolma de páxinas do fanzine Onda Vital!! e outros obxectos e publicacións relacionados coa obra de Akira Toriyama.

Por primeira vez, un personaxe de cómic dun autor galego —Gaspariño de Xaquín Marín— sumouse á colección de figuras que visten a cidade da Coruña durante a celebración do Viñetas; unha colección que neste 2024 recuperou, tamén, a figura de Groucho, de Ventura & Nieto, tras o pasamento de Enrique Ventura, un dos grandes clásicos da revista El Jueves. Como outro dos fitos destacados, cabe mencionar que Fermin Muguruza presentou, no marco de Viñetas Show, no Teatro Colón, o seu filme Black is Beltza II: Ainhoa, secuela do éxito Black is Beltza, primeira incursión do artista no cinema de animación, que se presenta de novo acompañada da versión en banda deseñada da historia, debuxada por Susanna Martín.

Ata o vindeiro 30 de setembro, as exposicións de Viñetas desde o Atlántico 2024 continúan abertas ao público nas diferentes salas municipais da Coruña, mentres que, no Kiosco Alfonso, ata o mes de xaneiro de 2025, desenvolveranse novos fitos de Viñetas desde a Escola.

CONTACTO DE PRENSA

The Office Comunicación

Luisa Castiñeira I Tel. 620 113 155

Mail: luisa@theofficeco.es

MÁIS INFORMACIÓN

https://vinetasdesdeoatlantico.com

DESCARGA DO PRESS KIT DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024

https://cutt.ly/vinetas-desde-o-atlantico-2024

Grande éxito do Viñetas desde o Atlántico, con aumento de vendas, gran afluencia de público e novos espazos

A actividade do festival continuará o resto do mes coas exposicións monográficas e a partir de setembro co Viñetas Inclusivas e Viñetas desde a Escola

A Coruña, 20 de agosto de 2024.- Este domingo, 18 de agosto, pechou con éxito as súas portas a 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico, o Salón Internacional do Cómic da Coruña. Do 12 ao 18 de agosto, A Coruña converteuse un ano máis en punto de encontro para amantes da banda deseñada, cun total de 18 exposicións, máis de 100 sesións de sinaturas, a mostra dos traballos de máis de 40 autoras e autores galegos e máis de 30 actividades na Rúa da BD, que contou cun total de 36 expositores, entre eles, por primeira vez, un de Portugal, a editora Chili Com Carne. Precisamente, nesta renovada Rúa da BD sucedéronse as filas de amantes do cómic para facerse durante todo o festival coas firmas de figuras da talla de Artur Laperla, Paula Cheshire, Miguel Robledo, Bea Lema, Martín Romero, Fran Jaraba, Jordi Bayarri, Emma Ríos e David Rubín, entre moitas outras.

As exposicións monográficas dedicadas a Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos continúan abertas ao público e podense visitar ata o vindeiro 30 de setembro. A actividade do festival continuará tamén ao longo do mes de setembro, cando terán lugar as actividades de Viñetas Inclusivas para colectivos desfavorecidos, mentres que, no Kiosco Alfonso, ata o mes de xaneiro de 2025, desenvolveranse novos fitos de Viñetas desde a Escola.

O coidado das propostas expositivas e o respecto aos creadores foron o fío condutor desta nova edición do encontro. Un encontro máis plural e que deu boa conta do interese que o universo da BD xera na actualidade entre os diferentes públicos. Coa fin de renovar o festival e adaptalo aos tempos que corren, facendo gala da actual convivencia entre o analóxico e o dixital, a dirección do festival traballou co ollo posto na calidade, a responsabilidade e o coidado de todos os axentes implicados no evento (artistas, públicos, expositores, libreiros, editoras...).

A alcaldesa, Inés Rey, destacou a satisfacción do seu Goberno municipal coa “renovación integral” dun dos grandes clásicos das Festas de María Pita. “Tomamos o camiño correcto ao darlle un novo enfoque á cita e buscar un Viñetas diferente e diverso, con actividades para todo tipo de públicos”, indicou a rexedora, que celebrou a gran acollida de todos os actos celebrados na última semana.

Viñetas abriuse, tamén, á relación con outros sectores creativos como a música, o cinema, a gastronomía e as artes escénicas. Desde a organización queren remarcar que “se seguirá a traballar mirando xa con optimismo cara unha nova edición en 2025, co obxectivo de seguir a darlle pulo ao encontro, para que Viñetas sexa, de novo, ese lugar onde todas e todos queiramos estar, como unha clara aposta por unha banda deseñada creativa, inclusiva e sen fronteiras”.

Manel Cráneo, director de Viñetas desde o Atlántico, declarou: “o balance é moi bo e de agradecemento. Onte pechamos o Viñetas 2024 cun gran éxito. Acadamos novos públicos e hai un dato moi interesante, que os libreiros e editores destacaron en torno a sección comercial de Viñetas: mantívose o nivel de facturación pese ao cambio de datas do encontro. Na Rúa da BD cabe destacar, tamén, outro fito, que foi a renovación das casetas, para favorecer a estancia e o traballo dos expositores”.

Un dos momentos máis emotivos do festival este ano foi a inauguración da figura de Gaspariño dedicada a un autor galego, Xaquín Marín. Houbo un volume de actividades con cifras récord de firmas de autores e autoras, que xeraron un grande interese. “A aceptación do novo modelo de encontro por seccións de interese tivo unha moi boa acollida. É importante destacar a afluencia de público infantil, cunha ampla oferta de actividades para el. É un gusto ver moita rapazada no Viñetas, porque enganchar ás novas xeracións é fundamental. Non esquezamos, tampouco, o Viñetas Ñam!, que tivo moi boa saída, segundo destacaron os locais que se sumaron á iniciativa. Nesta liña, queremos agradecer aos axentes implicados nas actividades paralelas do festival. Desde a organización, esperamos seguir traballando para involucrar á cidade no Viñetas, impregnar á cidade de público e chegar a novos públicos”, dixo Manel Cráneo.

Éxito de vendas e visitantes nunha renovada Rúa da BD

As boas vendas, a gran afluencia de visitantes e a apertura a novos públicos que este ano visitaron a Rúa da BD foron algúns dos aspectos destacados polos expositores presentes en Viñetas 2024. O éxito desta renovada Rúa da BD é unha mostra máis da boa saúde do sector e do interese que os títulos e autores de BD xeran na actualidade. Preto de 2.000 persoas asistiron as sesións de sinaturas cos más de 100 autores e autoras que visitaron Viñetas ara presentar os seus títulos, e as actividades programadas de pequeno e mediado formato —no marco de Viñetas Mini e Viñetas Pro— completaron todos os cupos dispoñibles.

En paralelo, a sección Viñetas Show reuniu no Teatro Colón un total de 2.000 persoas, tanto nas entrevistas dos ‘Viñetas Late Night’ como nas proxeccións de cinema ou na inauguración da figura a tamaño real de Gaspariño, de Xaquín Marín, outro dos grandes fitos deste Viñetas 2024.

Segundo os datos emitidos por The Wizard Game, responsable dos xogos infantís de Piratix e SuperThings instalados nos Xardíns de Méndez Núñez durante este Viñetas 2024, un total de 2.750 nenos e nenas visitaron a súa zona recreativa.

Desde a libraría coruñesa Galgo Azul, presente na Rúa da BD neste 2024 por primeira vez, destacaron: “Esta era a nosa primeira experiencia en Viñetas e, en comparación con outras feiras que visitamos, aquí nótase moito coidado, moito cariño e moito esforzo. Percibimos unha aceptación moi boa por parte do público. Houbo moita xente que se achegou este ano que outros anos non viña a Viñetas. Visualmente, está todo moi coidado e as casetas renovadas axudaron a chamar a atención do público. Pola nosa banda, detectamos moito interese polo cómic infantil e xuvenil, e está moi ben, porque é a maneira de xerar novos lectores. A xente viña buscando a curiosidade, as cousas singulares: para iso, saben que poden achegarse a Viñetas. Sentimos moi bo ambiente entre o público, os expositores e o equipo do festival. Estamos moi contentos coa experiencia”.

Pola súa banda, desde a libraría Komic, Pío Barreiro, todo un decano de Viñetas, presente na feira desde a súa primeira edición, engadiu que “notouse un gran cambio este ano, e todo para mellor. As vendas mantivéronse e as firmas foron, de novo, un grande reclamo para o público”. “Sentimos que reforzouse a venda pola calidade das exposicións dos autores convidados”.

Publicación Viñetas BD

Outra das novidades de Viñetas desde o Atlántico 2024 foi a publicación de Viñetas BD. Trátase dun novo concepto dentro do festival, que se afasta do catálogo tradicional para ofrecer un formato máis próximo á revista. A finalidade deste novo formato é crear un espazo creativo para os artistas convidados e ofrecerlles aos visitantes unhas lecturas exclusivas que acheguen valor engadido aos contidos expositivos. Para tal fin, o festival encargoulle a cada un dos autores e autoras que contan con exposición nas sedes oficiais de Viñetas unha historieta orixinal e autoconclusiva que partise dalgunha das súas obras publicadas e presentes na súa mostra. O resultado deste renovado catálogo-revista está nas mans do público a través da páxina web oficial do festival:

https://vinetasdesdeoatlantico.com/wp-content/uploads/2024/08/publicacion-oficial-vinetas_desde_o_atlantico_2024.pdf

Viñetas, 27 anos dunha cita de referencia

Viñetas desde o Atlántico é o festival internacional da banda deseñada da cidade da Coruña. Organizado polo Concello da Coruña, cada mes de agosto reúne unha coidada selección de exposicións, artistas invitados, charlas, talleres, visitas guiadas, firmas e actividades paralelas, e unha feira cos expositores profesionais máis relevantes do sector, que converten A Coruña nun fervedoiro de creatividade e nun punto de encontro para amantes da banda deseñada en todas as súas acepcións e singularidades.

Con máis dun cuarto de século ás súas costas, Viñetas desde o Atlántico é unha cita de referencia a nivel internacional para o público e os profesionais, que este 2024 celebrou a súa 27ª edición do 12 ao 18 de agosto baixo a dirección do autor coruñés Manel Cráneo. Co empeño de ofrecer unha visión o máis ampla posible do mundo da banda deseñada galega, nacional e internacional, Viñetas desde o Atlántico regresou á Coruña como un proxecto de cidade, arroupado polo sector profesional e cunha vocación de apertura a novas linguaxes, referentes e miradas. Porque A Coruña é, sen lugar a dúbidas, unha cidade de cómic.

Como novidade, o programa de Viñetas desde o Atlántico 2024 presentou unha nova estrutura, en torno a seccións especializadas orientadas aos seus diferentes públicos: Viñetas Expo, Viñetas Show, Viñetas Rúa BD, Viñetas Mini, Viñetas Ñam!, Viñetas Pro, Viñetas Inclusivas e Viñetas na Escola. As temáticas sociais, a internacionalización e a aposta pola banda deseñada independente e experimental foron as claves de Viñetas Expo, que dedicou exposicións monográficas a Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos, ademais de acoller as mostras das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho, e a mostra dos fanzines presentados ao I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego, convocado este 2024.

Pola súa banda, ‘Toriyama en Galicia’ é o título da exposición colectiva que lle rende homenaxe ao autor de personaxes xa míticos do noso imaxinario como Son Goku ou Arale, da man dunha coidada selección de autoras e autores galegos como Paula Cheshire, José Domingo, Miguel Robledo ou Xulia Pisón, entre moitos outros, con ilustracións debuxadas especialmente para a mostra, ademais dunha escolma de páxinas do fanzine Onda Vital!! e outros obxectos e publicacións relacionados coa obra de Akira Toriyama.

Por primeira vez, un personaxe de cómic dun autor galego —Gaspariño de Xaquín Marín— sumouse á colección de figuras que visten a cidade da Coruña durante a celebración do Viñetas; unha colección que neste 2024 recuperou, tamén, a figura de Groucho, de Ventura & Nieto, tras o pasamento de Enrique Ventura, un dos grandes clásicos da revista El Jueves. Como outro dos fitos destacados, cabe mencionar que Fermin Muguruza presentou, no marco de Viñetas Show, no Teatro Colón, o seu filme Black is Beltza II: Ainhoa, secuela do éxito Black is Beltza, primeira incursión do artista no cinema de animación, que se presenta de novo acompañada da versión en banda deseñada da historia, debuxada por Susanna Martín.