Inauguramos a sección de Noticias da nosa flamante nova web cun grande anuncio. Hoxe podémosvos anunciar que o artista Javier Olivares tamén estará en Viñetas desde o Atlántico 2015.
O debuxante de Las Meninas -Mellor Obra de Autor Español 2014 no Salón Internacional de Barcelona- acudirá ao Festival Internacional da Historieta da Coruña como convidado especial da editorial Astiberri.
Javier Olivares asinará exemplares da súa obra no posto que Astiberri terá na Rúa dá BD. Será o venres 14 e o sábado 15 de Agosto, en horario de tarde.