Outro autor únese á lista de invitados especiais de Viñetas desde ou Atlántico 2015. Unha lista formada por profesionais que acoden ao Festival Internacional da Historieta da Coruña da man de editoriais e librerías.
Xa podemos confirmar que José Domingo (Conspiraciones, Panorama: la novela gráfica española hoy), un dos creadores afincados na Coruña máis relevantes do panorama comiquero nacional, tamén asinará exemplares da súa obra na Rúa da BD de Viñetas 2015. Será no stand de Astiberri Ediciones, nun horario que desvelaremos esta mesma semana.
Domingo fíxose un oco no mercado e o recoñecemento do público e crítica grazas a orixinais obras como Aventuras de un oficinista Japonés (Bang Edicións, 2011), novela gráfica coa que se fixo co galardón á Mellor Obra dun Autor Español no Salón do Cómic de Barcelona, en 2012. A obra tamén foi nomeada a un premio Eisner a Mellor Obra Estranxeira.
Recordamos que os invitados non oficiais enriquecen tamén coa súa presenza o festival, participando en sesións de firmas e outras actividades desenvolvidas na Rúa da BD e organizadas polas editoriais ou librerías que os invitan. Estes invitados non participarán no programa oficial e polo tanto non terán exposición nin conferencia.