Xa podemos confirmarvos a outro dos invitados especiais que estará en Viñetas desde o Atlántico 2015. Estes autores estarán no festival grazas á colaboración de editoriais e librerías.

Un dos grandes profesionais do cómic galego, Kiko da Silva, tamén acudirá ao Festival Internacional da Historieta de A Coruña da man da editorial Dibbuks. O autor asinará exemplares da súa obra no stand da editorial, nun horario que vos confirmaremos nos próximos días.

A editorial Dibbuks publicou neste 2015 El Infierno del Dibujante, a obra coa que Kiko da Silva gañou o Premio Castelao de cómic 2014, concedido pola Diputación da Coruña.

Recordamos que os invitados non oficiais tamén enriquecen coa súa presenza o festival, participando en sesións de firmas e outras actividades desenvolvidas na Rúa da BD e organizadas polas editoriais ou librerías que os invitan. Estes invitados non participarán no programa oficial e polo tanto non terán exposición nin conferencia.

KIKO DA SILVA (1)