Outro autor únese á lista de invitados especiais de Viñetas desde o Atlántico 2015!

Miguel Montenegro, autor de Psicopatos, estará presente no Festival Internacional da Historieta de A Coruña da man da Librería Banda Deseñada (Vigo).

Creada en 2012, Psicopatos é unha serie de tiras humorísticas centrada no mundo dos patos. O seu primeiro álbum foi publicado en 2014, cun gran éxito de público. No sitio web da serie, que se actualiza todos os días, podedes consultar toda a información sobre esta curiosa e orixinal obra e ler algunhas das historias.

O autor asinará exemplares da súa obra no stand da Libraría Banda Deseñada, nun horario que confirmaremos nos próximos días.

Recordamos que os invitados non oficiais tamén enriquecen coa súa presenza o festival, participando en sesións de firmas e outras actividades desenvolvidas na Rúa da BD e organizadas polas editoriais ou librarías que os invitan. Estes invitados non participarán no programa oficial e polo tanto non terán exposición nin conferencia.

11777339_1161853700507163_878425596_o