Os artistas convidados ao Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico sorprendéronse esta mañá da variedade de matices que agochan os caldos producidos baixo a Denominación de Orixe de Valdeorras. A cata, que tradicionalmente e de balde organiza o citado Consello Regulador en deferencia aos invitados a Viñetas desde o Atlantico, estivo dirixida por Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador de Valdeorras.
Este experto descubriu todos os misterios duns viños que pese a se producir nun espacio físico pequeno en canto a superficie acadan unha individualidade abraiante grazas ao chan pizarroso, o clima, a altura á que medran as vides e mesmo a súa antiguedade. Non en van, a tradición vitícola da comarca de Valdeorras ( concellos de A Rúa, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco, O Bolo, Petín, Rubiá y Vilamartín) remontase á época romana e é o resultado do asentamento na conca dos ríos Sil, Xares e Bibei, área no que o clima é mais seco que no resto de Galicia.
Mazaira explicou que Valdeorras traballa cas variedades autóctonas recuperadas (Godello y Mencía), e o uso doutras uvas como a garnacha tintorera ou tempranillo… en definitiva, unas poucas variedades que, nas mans das corenta e seis bodegas aunadas baixo a D.O., producen uns caldos con moita personalidade, tal e coma comentaron, sorprendidos, tanto os invitados americanos coma os cataláns.