IMG_3541Coma xa é tradición, os convidados ao Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico visitarán na xornada de mañá xoves a capital galega. Ao longo da mañá recorrerán o casco vello de Santiago e visitarán a catedral, subindo ademáis as súas cubertas. O grupo chegará sobre as once da mañá á Praza do Obradoiro.

Pola tarde, eso sí, os afeccionados ao mundo da banda deseñada teñen unha cita importante xa que poderán falar cos creadores da nova etapa de Corto Maltés trala morte de Hugo Pratt, os españois Rubén Pellejero e Juan Díaz Canales. Ambolos dous teñen este ano una cita importante en Coruña, xa que poderán encontrarse co seu Corto, case case en carne e óso, agardando por eles na avenida da Mariña, frente a Dársena, e recibindo a cantos queiran acercarse a saúdalo. O concelleiro de Cultura, José Manuel Sande, e o director do Viñetas, Miguelanxo Prado, foron os encargados de darlle a benvida a tan ilustre embaixador dos mares.