Pechamos a semana engadindo un nome máis á lista de autores que estarán en Viñetas desde o Atlántico 2015 da man de editoriais e librerías.

Xa vos podemos confirmar que Sento Llobell, que nos acompañou o pasado ano como invitado oficial do Festival Internacional da Historieta de A Coruña, tamén estará connosco na edición deste ano, asinando exemplares da súa obra en diversos stands da Rúa da BD.

Próximamente poderémosvos confirmar os horarios e datas exactas destas sesións de firmas protagonizadas por este premiado autor que nesta ocasión traerá debaixo do brazo Atrapado en Belchite, a novela gráfica autoeditada que serve como continuación de Un Médico Novato (Salamandra, 2013). Unha serie de cómics baseados na vida real do doutor Pablo Uriel, cuxa vida reconstrúe Sento a través das viñetas grazas aos escritos que deixou Pablo e as fotografías, cartas e documentos que a familia Uriel gardou durante este tempo.

Recordamos que os invitados non oficiais tamén enriquecen coa súa presenza o festival, participando en sesións de firmas e outras actividades desenvolvidas na Rúa da BD e organizadas polas editoriais ou librerías que os invitan. Estes invitados non participarán no programa oficial e polo tanto non terán exposición nin conferencia.

SENTO