Como vos confirmamos fai unhas semanas, un dos invitados especiais de Viñetas desde ou Atlántico 2015 será Javier Olivares.
O debuxante de Las Meninas, a novela gráfica con guión de Santiago García, asinará exemplares da súa obra no stand de Astiberri Ediciones. O horario destas sesións de firmas podémosvolo confirmar grazas ao magnífico cartel que realizou o propio Javier Olivares para a ocasión, e que reproducimos aquí abaixo.
Recordamos que os invitados non oficiais enriquecen tamén coa súa presenza o festival, participando en sesións de firmas e outras actividades desenvolvidas na Rúa da BD e organizadas polas editoriais ou librerías que os invitan. Estes invitados non participarán no programa oficial e polo tanto non terán exposición nin conferencia. Próximamente recompilaremos todos os horarios das firmas non oficiais nunha única publicación, para que non vos perdades nin un detalle destas actividades.
JAVIER OLIVARES (Las Meninas, Astiberri Ediciones)
Stand: Astiberri Ediciones (Rúa da BD)
Horario: Venres 14 Agosto (19:30- 21:00 horas) e Sábado 15 Agosto (19:30-21:00 horas)