Como xa vos comentamos nas últimas semanas, outra tradición de Viñetas desde o Atlántico tamén estará presente na edición 2016, que se celebrará entre o 8 e o 14 de agosto. Trátase das sesións de firmas protagonizadas polos autores convidados pola organización.

Este ano, a diferenza da pasada entrega do Festival Internacional da Historieta da Coruña, as sesións de firmas celebraranse no Kiosco Alfonso. Aínda que o seguiremos a recordar nos próximos días e segundo se vaia achegando a data, trátase dunha diferenza respecto do pasados ano, nos que estas sesións celebrábanse no Palexco.

Cristina Bueno, Nadar, Juan Díaz Canales, Rubén Pellejero, Chris Claremont, Daniel Torres y Ramón Marcos asinarán exemplares da súa obra no Kiosco Alfonso o venres 12 de Agosto de 18:00 a 20:00 horas e o sábado 13  de Agosto de 12:00 a 13:30 horas.

Pola súa banda, Jorge González asinará exemplares das súas obras no Kiosco Alfonso únicamente o sábado 13 de Agosto de 12:00 a 13:30 horas, ao coincidir a sesión de firmas oficial do venres coa celebración da súa conferencia.

Os autores asinarán e debuxarán únicamente en exemplares das súas obras, a non ser que o autor  indique o contrario. O público asistente deberá formar unha fila ordenada á entrada do Kiosco Alfonso. Á hora indicada, abriranse as portas do recinto, no que estarán indicados os lugares nos que se realizarán as firmas. O público interesado deberá formar unha fila ordenada en cada posición. As sesións de firmas rematarán ás horas previstas, de maneira que as filas pecharanse uns minutos antes, para evitar aglomeraciones e confusións. Trátanse dunhas normas básicas que teñen como único obxectivo evitar malentendidos e que todo o mundo que o desexe poida levarse un recordo do seu autor favorito.

Para evitar calquera dúbida sobre o horario no que asinará cada autor en concreto, indicamos cada sesión e o seu horario nas fichas dos invitados.