Chega un momento moi esperado! Xa coñecemos os horarios das sesións de firmas oficiais que se celebrarán na edición 2017 de Viñetas desde o Atlántico!
Este ano, a diferenza das pasadas entregas do Festival Internacional da Historieta da Coruña, as sesións de firmas celebraranse simultáneamente no Kiosco Alfonso e na sala municipal de exposicións PALEXCO. Como xa sabedes, nesta edición 2017 cúmprense 20 anos de Viñetas desde o Atlántico. Unha sinalada data que celebraremos recibindo cos brazos abertos a un bo número de autores, que farán as delicias dos asistentes. Así, por cuestións loxísticas, co obxectivo de que tanto profesionais como visitantes gocen de Viñetas da forma máis cómoda posible, a organización do festival decidiu habilitar ambos espazos para as sesións de firmas oficiais, cuxas datas e horarios pasamos a detallar a continuación:
- Venres 11 de agosto, de 18:00 a 20:00 horas, en Kiosco Alfonso e PALEXCO.
- Sábado 12 de agosto, de 12:00 a 14:00 horas, en Kiosco Alfonso e PALEXCO.
A distribución dos autores en cada espazo é a seguinte:
Aproveitamos para recordar algunhas normas básicas, xa tradicionais, destas sesións oficiais de firmas:
- Os autores asinarán e debuxarán únicamente en exemplares das súas obras e no catálogo oficial de Viñetas 2017, a non ser que indiquen expresamente o contrario.
- O público asistente deberá formar unha fila ordenada á entrada de cada recinto.
- Á hora indicada abriranse as portas de cada recinto. En cada entrada estarán indicados os lugares exactos de cada edificio nos que se realizarán as firmas.
- Unha vez dentro do recinto, o público interesado deberá formar unha fila ordenada en cada posición, na mesa do autor cuxa asina desexe obter.
- As sesións de firmas terminarán ás horas previstas, de maneira que as filas pecharanse uns minutos antes, para evitar aglomeraciones e confusións.
Trátase dunhas normas básicas que teñen como único obxectivo evitar malentendidos e que todo o mundo que o desexe poida levarse un recordo do seu autor favorito.