O vindeiro luns 8 de agosto dará comezo a edición 2016 de Viñetas desde o Atlántico. A Coruña converterase, ata o próximo 14 de Agosto, na capital internacional do cómic. Durante eses días teredes toda a información sobre o Festival nesta web, pero tamén queremos recordarvos que estaremos moi activos nas redes sociais.
En Facebook teredes recordatorios puntuales de toda a actividade diaria de Viñetas 2015, con enlaces á web e avisos sobre posibles modificacións de horario nas actividades oficiais e non oficiais, sempre que sexa posible. Publicaremos imaxes do día a día do festival.
En Twitter tamén teredes recordatorios puntuales de toda a actividade diaria de Viñetas 2015, con enlaces á web e avisos sobre posibles modificacións de horarios nas actividades oficiais e non oficiais. ¡O minuto a minuto do festival, con imaxes e vídeos exclusivos! Informarémosvos dos eventos destacados de cada día.
Para rematar, na nosa flamante nova conta de Instagram, ofrecerémosvos as mellores instantáneas de cada evento e o ambiente do festival.
Ademais, a partir do martes estrearemos na web a sección «Diario Viñetas 2016», que resumirá a actividade de Viñetas 2016 nunha publicación, para que non vos perdades nin un detalle do Festival Internacional da Historieta da Coruña.