Vegas e Ferrer departirán cos afeccionados ás 18.15 e ás 19.30 horas, respectivamente

VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO RECUPERA MAÑÁ SÁBADO ÁS DOCE OUTRO DOS SEUS INGREDIENTES CLÁSICOS: A SESIÓN DE FIRMAS COS AUTORES CONVIDADOS

Na sesión de sinaturas, que terá lugar na carpa de actividades ubicada na Rúa da BD, diante do Kiosco Alfonso,  permitirase só unha persoa por autor dentro do recinto. O resto dos afeccionados terán que agardar a súa quenda fóra e cumprir coas normas sanitarias xa coñecidas: uso obrigado de máscara,  mantemento da distancia de seguridade e lavado de mans con xel hidroalcóolico antes de entrar na carpa.

O aforo para ás charlas está limitado a 18 persoas, pero pódense seguir en directo en liña a través da páxina web do Festival e Facebook Live. Os pases para asistir presencialmente repartiránse na entrada do Kiosco por orde de chegada desde media hora antes de cada encontro.

O historietista segoviano Enrique Vicente Vegas é famoso polas súas versións paródicas de películas e cómics de éxito, cuxos protagonistas converte en regordetes e cabezóns. Agustín Ferrer Casas é o autor da novela gráfica MIES, biopic sobre o arquitecto Mies van der Rohe, o derradeiro director da Escola Bauhaus, berce da arquitectura moderna, que o pasado ano cumpliu cen anos de existencia.

A Coruña,  21 de agosto de 2020.

A xornada de mañá sábado, penúltima da  23 edición de Viñetas desde o Atlántico, será a máis parecida ás citas sabatinas das edicións anteriores. Terá prácticamente todos os ingredientes que caracterizan o Salón Internacional do Cómic da Coruña, os que o teñen feito merecedor da súa sona nacional e internacional. Asemade das exposicións de orixinais, as figuras na rúa e a feira editorial, haberá charlas coloquio cos autores convidados e tamén sesión de firmas, a primeira e única de este ano. Os debuxantes Enrique Vegas e Agustín Ferrer Casas departirán cos afeccionados na sala de conferencias do Kiosco Alfonso, ás 18.15 y 19.30 horas, respectivamente e, xunto coa tamén autora convidada, a galega Xulia Vicente, asinarán exemplares das súas obras pola mañá, entre as 12 y as 13.30 horas, na carpa de actividades do Festival.

As charlas,  a sesión de firmas e o resto de actividades do Salón Internacional están condicionadas pola especial situación sanitaria a causa da pandemia que estamos a sufrir. No caso das sinaturas de exemplares por parte dos autores, os afeccionados terán que agardar no exterior da carpa na que só poderá entrar unha persoa por debuxante. O resto de interesados deberán esperar fóra o súa quenda, cumprindo todas as medidas sanitarias obrigatorias: uso de máscara, mantemento da distancia de seguridade e lavado de mans con xel hidroalcóolico antes de entrar. A sesión rematará ás 13.30 horas. O aforo para asistir presencialmente ás charlas está limitado a só 18 persoas, aínda que todos os interesados en escoitar aos autores poden facelo en liña a través da propia web do Festival e FACEBOOK LIVE. Os pases para entrar á sala repartiránse na entrada do Kiosco por orde de chegada desde media hora antes dos respectivos encontros.

“Estamos a poñer todo o noso empeño para poder realizar un festival o máis parecido ao Viñetas que todos coñecedes pero as circunstancias que estamos a vivir a nivel nacional non nolo están poñendo fácil”, alega  a organización del Salón Internacional coruñés. De calquera forma, destacan o bó comportamento e complicidade dos aficionados nos accesos ás salas de exposicións e a Rúa do BD, respetando en todo momento as medidas sociosanitarias impostas.

O historietista segoviano Enrique Vicente Vegas (Enrique V. Vegas) é famoso polas súas versións paródicas de películas e cómics de éxito – Spider-Man,  Hulk, X-Men,  Hellboy, Piratas de Caribe,  Star  Wars-, cuxos protagonistas son nas súas creacións gordechos e cabezóns. Ademáis das súas recreacións humorística de historias cinematográficas como Bill Kill, a triloxía de Cabezones das Galaxias, Residente Vil, Bull Damn City, Os Cabezones do Caribe, Punicher e a triloxía  Cabezón Jones, Capitán Cabezón e Thor, na bibliografía de Vegas está tamén Kobe, a súa serie máis persoal, ambientada no Xapón feudal. Con ela obtivo o premio ao mellor autor revelación no Salón do Cómic de Barcelona, no ano 2004. Ten participado en obras colectivas como Bull Damn City, na que colaborou o seu  irmán, Juanmi Vegas, e Sustentum. Historias que se sostienen para a Consellería de Medio Ambiente de Cantabria. Entre 2005 e 2008 realizou unha viñeta semanal para o xornal Gente Santander. Os orixinais das súas obras que se exhiben nesta edición de Viñetas colgan nas paredes da sede central do Salón, o Kiosco Alfonso.

Agustín Ferrer Casas é licenciado en Arquitectura e debuxante e guionista autodidacta. Labrou a súa carreira como creador de historietas profesional compaxinando os seus estudos e posteriormente o seu traballo coa presentación a numerosos concursos de cómic. Desta forma logrou atesourar ata trinta galardóns. MIES, cuxos orixinais colgan nas paredes da Sala Municipal de Exposicións do Pazo de María Pita, é o seu último traballo. Trátase dunha biografía ficcionada sobre o arquitecto alemán Mies van der Rohe. A novela gráfica fai un percorrido pola vida e obra do arquitecto, coincidindo cunha tripe celebración: o 50 aniversario da súa morte, o 90 da construción do Pabellón de Alemania para a Exposición Internacional de Barcelona e o centenario da creación da mítica escola Bauhaus, que Van der Rohe dirixiu na súa última etapa. MIES foi galardoada na IX edición dos Premios do Cómic Aragonés do XVIII Salón do Cómic de Zaragoza o pasado ano 2019.