Lugar

Biblioteca de Estudos Locais, Casa da Cultura Salvador de Madariaga, primeiro andar
(Durán Loriga, 10, baixo. 15003 – A Coruña)

Datas

Do 8 ao 10 de agosto 2023

Horario

De 11.30 a 13.30 h.
(3 xornadas de 2 horas cada unha)

Actividade impartida por Alberto Guitián, creador das series de BD Petaco e Fito e Pita. Neste ‘Obradoiro express de novela gráfica’ achegarémonos ao proceso creativo do cómic e aos diversos enfoques e temáticas da novela gráfica actual. Cada asistente fará un pequeno proxecto persoal de BD en 3 etapas: o concepto (idea e plantexamento), o relato (técnicas narrativas) e o debuxo (solucións gráficas).

Cada participante deberá traer o material de debuxo que prefira (papel ou tablet).

Inscrición

Máximo 12 prazas, con inscrición previa na web das Bibliotecas Municipais. Apertura de inscricións: xoves 3 de agosto, 10.00h. *

Idade

A partir de 18 anos (é recomendable ter nocións básicas de debuxo)

Promove

Coruña Gráfica

Outras actividades recomendadas

Filtro

Concerto de Hongo

Ilustrado por Paz Rodríguez, Luis Yang e Julia Abalde 7 de agosto 2023

Comicteca

Espazo infantil 8 ao 13 de agosto 2023

Visita ‘¡Mujercitas del mundo entero, uníos!’

Visita guiada polos comisarios á exposición 8 de agosto 2023