Lugar

Sala de Exposicións de PALEXCO
(Peirao de Transatlánticos, s/n. 15003 – A Coruña)

Datas

Do 7 de agosto ao 10 de setembro 2023

Horario

De 12.00 a 14.00h e de 18 a 21.00 h.

Viñetas desde o Atlántico ofrece unha oportunidade única para mergullarse no universo artístico do multipremiado creador Alberto Vázquez, destacado director de animación, ilustrador e debuxante de cómics nado na Coruña, que este 2023 alzouse cun Goya pola súa longametraxe de animación Unicorn Wars.

Alberto Vázquez: do cómic á animación ofrece unha coidada selección de pezas que desvelan o característico traballo iconoclasta do artista -protagonizado por animais antropomorfos- e as súas temáticas universais de ámbito social. O público poderá explorar o seu singular enfoque creativo a través dos orixinais dos seus cómics Psiconautas, El evangelio de Judas, La caza e algunhas historias curtas; e poderá mergullarse tamén nos seus procesos de animación grazas a layouts, deseños de personaxes, arte conceptual e orixinais dos seus storyboards, realizados a lapis e acuarela, que revelan os detalles que dan vida ás súas personaxes e narrativas.

Comisaria

Matilde Rodríguez.

Outras exposicións recomendadas

Filtro

¡Mujercitas del mundo entero, uníos!

Pioneras del cómic underground adulto 7 de agosto ao 10 de setembro 2023

Las chicas del Pillar

Poniendo rumbo a nuevas aventuras: cómo nace una historia de cómic 7 de agosto ao 10 de setembro 2023

Homenaxe a Calpurnio

Comisariada por Álvaro Pons e Asier Mensuro 7 de agosto ao 10 de setembro 2023