Lugar

Sala de Exposicións do Palacio Municipal
(Praza de María Pita, 1. 15001 – A Coruña)

Datas

Do 7 de agosto ao 10 de setembro 2023

Horario

De 12.00 a 14.00h e de 18 a 21.00 h.

Considerados como dous dos autores máis relevantes no panorama europeo da Novena Arte, a guionista Teresa Radice e o debuxante Stefano Turconi poñeranlle o acento internacional a esta nova edición de Viñetas desde ou Atlántico. A exposición que presenta por primeira vez o seu traballo na Coruña propón un discurso expositivo continuo, artístico e didáctico, que mostra, mediante orixinais, o proceso creativo dun dos cómics máis celebrados dos creadores: Las chicas del Pillar. O público poderá descubrir borradores, guións, bosquexos, o proceso de coloreado e debuxos finais da historieta, entre moitas outras curiosidades e detalles.

Con Las chicas del Pillar, Teresa Radice e Stefano Turconi regresan aos ambientes da novela gráfica que lles fixo famosos a nivel internacional, El puerto prohibido. Os dous tomos que conforman a obra, ambientados na Inglaterra de principios do século XIX, reúnen unha serie de relatos dedicados ás prostitutas do Pillar to Post, o bordel que é o epicentro da vida do Porto de Plymouth. Con Las chicas del Pillar, os autores abordan temas universais como o racismo, a condición de ser muller, a liberdade e a diversidade, nun emocionante mosaico narrativo, que nos axuda a mergullarnos nos usos e costumes dunha época icónica de tabernas mariñeiras e rúas con cheiro a sal.

Promove

Arts & Projects.

Outras exposicións recomendadas

Filtro

Homenaxe a Calpurnio

Comisariada por Álvaro Pons e Asier Mensuro 7 de agosto ao 10 de setembro 2023

Alberto Vázquez: do cómic á animación

7 de agosto ao 10 de setembro 2023

VIVE LA VIDA e outras poesías gráficas de Luis Alberto de Cuenca

Por Laura Pérez Vernetti 7 de agosto ao 10 de setembro 2023