Lugar

Casa Museo Picasso
(Payo Gómez, 14. 15004 – A Coruña)

Datas

Do 7 de agosto ao 10 de setembro 2023

Horario

De 11.00 a 13.30h e de 18 a 20.00 h.

«Hai algo que para min supoñía un desiderátum inalcanzable e que, grazas á debuxante barcelonesa Laura Pérez Vernetti, se fixo realidade na miña biografía: saír nun cómic, converterme en personaxe dunha historieta».

Luis Alberto de Cuenca

 

Na última década, o traballo da historietista Laura Pérez Vernetti (Barcelona, 1958) destaca polo seu achegamento ao mundo da literatura, evocando nas súas viñetas a obra ou as vidas de escritores da sona de London, Rilke, Schwob, Baudelaire, Pessoa, Mayakovski, Arrabal etc.

Especialmente vangardistas son as obras que se engloban dentro do xénero da poesía gráfica; é dicir, adaptacións ao cómic de poemas das máis ilustres plumas, cuxos versos constitúen o guión das historietas de Laura. Entre outros, Laura dedícalle dúas novelas gráficas á obra poética de Luis Alberto de Cuenca (Madrid, 1950), tituladas Viñetas de plata (2017) e Vive la vida (2022). Esta exposición reúne todos os orixinais do cómic Vive la vida e compleméntase cun audio no que se escoitan os 13 poemas que compoñen a mostra, recitados polo propio Luis Alberto de Cuenca.

O poeta é un dos nosos máis lúcidos creadores literarios, e un acérrimo defensor e amante confeso da cultura pop,  o que inclúe a literatura pulp, o cómic e mais o cinema. Quizais por iso, Laura retrátao na portada de Vive la vida ataviado como Mandrake o mago, o mítico personaxe de cómic creado por Lee Falk.

Os poemas de Luis Alberto de Cuenca contan historias a medio camiño entre a experiencia vivida e a experiencia soñada (ou lida), que nunhas mentes tan cultivadas e heterodoxas coma a do poeta e a historietista inclúen personaxes da Ilíada de Homero e a Venus de Botticelli, combinados con desenvoltura con zombis, o foguete e a lúa de Méliès, o físico de Ana Magnani ou o rostro  de Hedy Lamarr.

E é que, alén do seu impresionante grafismo a medio camiño entre o underground oitenteiro e a elegante liña clara, o que fai que Viva la vida sexa un traballo sobresaliente é a sensibilidade única coa que Laura capta o universo interior de Luis Alberto. Coma Goscinny e Uderzo ou O Gordo e o Fraco, Laura e Luis Alberto son dous titáns que se potencian mutuamente, e que na viñeta, crean auténtica maxia.

Asier Mensuro

Comisario da exposición

Outras exposicións recomendadas

Filtro

¡Mujercitas del mundo entero, uníos!

Pioneras del cómic underground adulto 7 de agosto ao 10 de setembro 2023

Las chicas del Pillar

Poniendo rumbo a nuevas aventuras: cómo nace una historia de cómic 7 de agosto ao 10 de setembro 2023

Homenaxe a Calpurnio

Comisariada por Álvaro Pons e Asier Mensuro 7 de agosto ao 10 de setembro 2023