Lugar

Hall da Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga
(Durán Loriga, 10, bajo. 15003 – A Coruña)

Datas

Do 7 de agosto ao 10 de setembro 2023

Horario

De 12.00 a 14.00h e de 18 a 21.00 h.

A Coruña é un centro de referencia do cómic a nivel estatal. Nas tres últimas décadas, a cidade viu como nacían e se consolidaban interesantes iniciativas ao redor do universo da banda deseñada. De forma paralela ao grande evento internacional que é Viñetas desde o Atlántico, foron xurdindo interesantes propostas como as xornadas de cómic do Fórum Metropolitano, o festival Autobán ou a plataforma Coruña Gráfica.

No ámbito das publicacións, foi pioneiro o colectivo autoral Polaqia, que chegou a facerse co premio ao mellor fanzine no Salón de Barcelona, e, tamén, Demo Editorial, selo xa profesionalizado, con máis de 50 títulos editados. Cabe mencionar, do mesmo xeito, a sólida rede de bibliotecas municipais, con interesantes fondos de banda deseñada, e un gran número de librarías especializadas.

Todo isto contribúe ao crecemento da escena autoral de éxito, que anima o panorama profesional local, con autores e autoras que triunfan en mercados internacionais. A Coruña é, tamén, un lugar de acollida, unha cidade na que ninguén é forasteiro e na que se integran con facilidade novos creadores para exercer o seu oficio. Temos de todo, con calidade.

Esta exposición, organizada desde a plataforma Coruña Gráfica e comisariada por Manel Cráneo, recolle unha boa mostra do panorama autoral local na actualidade. Unha fotografía instantánea que ofrece un cadro rico e variado en técnicas e estilos e que pon en valor unha escena da que podemos presumir con orgullo, afirmando “BD na Coruña, que bonita é!”.

A mostra reúne un total de 52 obras de 26 autores

Alberto Taracido, Álvaro López, Bento Carroña, Brais Fierro, Cristian F. Caruncho, David Rubín, Diego Burdío, El Gaudo (Alejandro Gaudino), Inés Vázquez, Jano, Javi Montes, Jorge Peral, Julia Lago, Luis Sendón, Luis Yang, Manel Cráneo, Marcos Calo, Martín Romero, Mateo Alvarellos, Miguel Cuba, Paula Esteban, Roberto Soler, Rodrigo Zayas, Santy Gutiérrez, Xulia Pisón e Xulia Vicente.

Outras exposicións recomendadas

Filtro

¡Mujercitas del mundo entero, uníos!

Pioneras del cómic underground adulto 7 de agosto ao 10 de setembro 2023

Las chicas del Pillar

Poniendo rumbo a nuevas aventuras: cómo nace una historia de cómic 7 de agosto ao 10 de setembro 2023

Homenaxe a Calpurnio

Comisariada por Álvaro Pons e Asier Mensuro 7 de agosto ao 10 de setembro 2023