
"Viñetas desde o Atlántico " celébrase anualmente no mes de agosto na Coruña desde 1998. O festival é unha actividade da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. O amplísimo conxunto de exposicións, artistas invitados, e charlas e conferencias pretenden dar unha visión o máis ampla posible do mundo do cómic a nivel internacional.
Estas actividades eminentemente culturais se complementan coa feira de libreiros e editores. Tamén nela se realizan presentacións de novidades editoriais e actividades lúdicas.A entrada ás exposicións e conferencias, e o acceso á feira e as súas actividades son totalmente gratuítos.
Durante a semana do festival A Coruña se viste de cómic e toda a vida da cidade se contaxia do espírito da banda deseñada.O noso emblema é a Torre de Hércules, o faro máis antigo do mundo en funcionamento, Patrimonio da Humanidade.
Esperamos que esta web vos axude a coñecer mellor o noso festival e vos proporcione as informacións necesarias.
Benvidos.

Publicado en 31/07/2012(1) Enlaces dispoñibles para este artigo

Publicado en 03/07/2012

Publicado en 04/06/2010(6) Galería de fotos dispoñible para este artigo

Publicado en 13/08/2012(8) Enlaces dispoñibles para este artigo